off
Galiza — 7 Xullo, 2017 at 10:27 a.m.

O BNG apresenta en Bruxelas unha denuncia contra España por neglixencia en Angrois

by

Segundo o anunciado hai uns dias polo BNG  e hai escasos minutos pola súa portavoz en Europa Ana Miranda,   vén de ser  apresentada  a denuncia na Comisión Europea contra Fomento, RENFE e ADIF por non realizar control obligatorio de riscos esixido pola normativa comunitaria. Unha denuncia por neglixencia contra o Estado español por infracción do dereito comunitario en materia de seguridade ferroviaria, en relación ao accidente do tren Alvia hai catro anos na aldea de Angrois en Composta.No accidente morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas.

Na denuncia, a deputada europea do BNG Ana Miranda, vicepresidenta da Alianza Libre Europea, considera que debe abrirse un novo procedimiento de infracción contra España “pola vulneración da normativa europea aplicabel sobre seguridade e interoperabilidade ferroviaria”. Quer dicer, o control integral -que abranxe os subsistemas – dos riscos e  “la verificación de cambios sustanciais” na seguridade ferroviaria qu atinxen tanto ao camiño de ferro  que conecta Ourense-Santiago como ao tren Alvia e  “as condicións de seguridade” do proxecto. A denuncia salienta que “a normativa comunitaria exixe que os Estados membros velen por que a responsabilidade daa explotación segura do sistema ferroviario e do control de riscos  nel creados  corresponda aos administradores da infraestructura e ás empresas ferroviarias, no caso español, a Adif e  Renfe, que teñen que aplicar obrigatoriamente as medidas necesarias de control de riscos conforme a diretiva de 2004 de seguridade”. O texto refire tamén a “conexión co personal de conducción e de tráfico cando o comboio viaxa desde a cabeceira até o fin da liña ou nun treito alternativo a a súa conexión á rede existentes” e suliña que a análise debe promover a súa apliación nas liñas que xa están en  servizo e a “viabilidade do deseño nas diferentes fases de construción” .

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off