off
Cedeira, Música — 3 Xullo, 2017 at 9:01 a.m.

Música en cada curruncho

by

Trátase da terceira edicón de Música na Rúa, unha inicitiva do Concello de brazo dado das asociacións musicais de Cedeira 


Cinco citas musicais para os domingos de xullo. Por terceiro ano consecutivo, as asociacións musicais de Cedeira volverán tomar os lugares públicos, prazas e rúas como escenarios durante as cinco fins de semana do mes de xullo. É o programa de Música na Rúa, unha iniciativa do Concello para inzar de ritmo cada curruncho da vila. A programación dará comezo este primeiro domingo de xullo coa actuación da banda de mú- sica da Asociación Pro Cedeira, a partir das 13.30 horas, na praza Roxa. A seguinte cita será o día 9, xornada na que a vila se encherá do son nostálxico dos acordeóns, da man da asociación local de acordeonistas. A praza da Mariña será o escenario e o acto está programado para as 13.30 horas. A música tamén se deixará sentir o día 16 no paseo da Mariña. A actuación correrá a cargo do grupo de teatro afeccionado Medievándalos e faise coincidir coa segunda edición de Cedeira-Vi- ño, unha feira con degustación e exaltación de caldos de distintas denominacións de orixe. A cita coa música arrincará ás 13.30 horas. A praza do Floreal acollerá o seguinte encontro musical. Será o día 23 e correrá a cargo da Banda de Música Vila de Cedeira. O horario será o mesmo das xornadas anteriores. A presente edición de Música na Rúa pechará o día 30 coa interpretación dos sons máis tradicionais a cargo da Asociación Cultural Buxainas, ás 13.00 horas, e das Aturuxeiras, a partir das seis da tarde. Ambas as dúas actuacións celebraranse no marco da Festa do Percebe.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off