off
Agro, Galiza, Meio ambiente — 23 Xuño, 2017 at 7:35 a.m.

A psila-africana dos citrinos ( Trioza erytreae) exténdese pola Galiza atlántica

by
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31086

Segundo vén de informar a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a través da RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017 publicada hoxe no DOGA, “pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos en Galiza.

A Trioza erytreae Del Guercio é unha praga incluída na lista A2 da EPPO (European Plant Protection Organization), e a enfermidade que transmite, chamada Huanglongbing (HLB), causada pola bacteria Candidatus liberibacter africanus, está encadrada na lista A1 (EPPO, 2014), polo que ambos” son parasitos de corentena sometidos a regulación e, por tanto, é necesario tomar medidas para a súa erradicación e control”, afírmase nesta Resolución.

Tratase dun insecto picador-sugador que ten como hospedeiros exclusivos plantas da família das Rutáceas, cultivadas e espontáneas, entre as cuais os citrinos. Ten particular preferencia por limoeiros (Citrus lImon) e limeiras (Citrus aurantiifolia), embora tamén se encontre en laranxeira, mandarineiro (tanxerina, mexerica, clementina), pomelo (toranxeira) e cunquates. Os adultos, con cerca de 4 mm, son de cor verde claro (emerxéncia) a castaño escuro. Cada fémea pode produxir 2 000 ovos ao longo de cerca de 30 dias de vida. Dos ovos nascen as ninfas, que se fixan no verso das follas dos rebentos. Estas alimentanse de seiva, inxetando toxinas na planta. As picadas de alimentación orixinan a formación de gallas e deformacións nas follas. As follaas infestadas fican distorcidas, atrofiadas, encarquilladas e adquiren coloracións amarelas, o que leva ao enfraquecimento da planta e á quebra de produción, non apenas a nível da cantidade mas tamén da calidade

Foi observado por primeira vez na Europa en 1994, na Illa de Porto Santo (Madeira) e mais tarde, en 2002, nas Illas Canárias. Só en 2014 foi identificado na Europa Continental, en decembro en Pontevedra, na Galiza.

“Durante as prospeccións realizadas durante o ano 2016, así como nos primeiros meses do ano 2017, producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio e, por tanto, en aplicación do establecido no punto 4 da Resolución do 1 de xullo de 2015, deberá ser publicada a nova extensión destas zonas demarcadas

En prospeccións oficiais realizadas durante ese mesmo ano a praga tamén afectaba concellos do Porto e de Matosinhos en Portugal. A presenza da psila africana, con orixe na África subsaariana, tiña xa sido confirmada na Europa, mas apenas na Madeira, nas Illas Canárias e mais recentemente en Pontevedra. Desde que fora observado no fin do ano de 2014 os  sintomas desta praga en laranxeiras e limoeiros, os quintais  afectados foron extendendose pola maior parte de  concellos galegos ribeiriños da Coruña e Pontevedra.

Pódese fitar no mapa como as zonas demarcadas acadan a totalidade da Galiza atlántica, agás alguns concellos de Ferrolterra, Ortegal e a Mariña

A psila africana transmite a bactéria que causa a forma africana do citrus greening (Candidatus Liberibacter africanus)  e a doenza que transmite, chamada Huanglongbing (HLB) está  causada por esa bacteria. A psila en si provoca a deformación das follas novas dos lanzamentos, que fican enroladas e cobertas de gallas, comprometendo de algunha forma a frutificación e o desenvolvimento da árbore. Os propietarios que detecten a presenza da praga ou dos seus síntomas en árbores da súa propiedade teñen a obriga de comunicalo aos servizos oficiais de sanidade vexetal da  provincia. Os propietarios que detecten a presenza da praga ou dos seus síntomas en árbores da súa propiedade teñen a obriga de comunicalo aos servizos oficiais de sanidade vexetal da súa provincia. Se observar estes sintomas nalgunha das árbores, recoméndase cortar de imediato e queimar os ramos afetados e aplicar os tratamentos fitosanitarios determinados polos servizos técnicos oficiais. Como mínimo realizaranse dous tratamentos consecutivos cun intervalo de dúas a tres semanas alternando, se é posible, as materias activas autorizadas.

 

Especies sensibles de Trioza erytreae son: vexetais de Casimiroa La Llave, Clausena Burm. f., Murraya J. Koenig ex L., Vepris Comm., Zanthoxylum L., Citrus L., Fortunella Swingle e Poncirus Raf., e os seus híbridos, agás  os froitos e as sementes.

Especies sensibles á doenza Huanglongbing (HLB) son: Vexetais de Aegle Corrêa, Aeglopsis Swingle, Afraegle Engl, Atalantia Corrêa, Balsamocitrus Stapf, Burkillanthus Swingle, Calodendrum Thunb., Choisya Kunth, Clausena Burm. f., Limonia L., Microcitrus Swingle, Murraya J. Koenig ex L., Pamburus Swingle, Severinia Ten., Swinglea Merr., Triphasia Lour. e Vepris Comm., Citrus L., Fortunella Swingle e Poncirus Raf. e os seus híbridos, excluídos os froitos (pero incluídas as sementes).

A nova Resolución publicada hoxe establece como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Trioza erytreae Del Guercio (psílido africano dos cítricos) as que se indican no anexo I e na listaxe de concellos e parroquias afectadas do anexo II e resolve “manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 1 de xullo de 2015, como medidas urxentes para a súa erradicación e control.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off