off
Educação, Festas, Fin de semana, Ortegal — 22 Xuño, 2017 at 12:16 p.m.

IV Romaria Pequeninha da Semente Trasancos

by

A IV Romaria Pequeninha da Semente Trasancos  terá lugar o vindeiro domingo 25 con actividades para todas as idades a partir das 12:30 no campeiro e no local veciñal de San Mateo, Narón.


A romaria pequeninha naceu como punto de encontro e este domingo unha nova romaxe celebrará mais un ano. Haberá actividades durante todo o día e para todas as idades, desde teatro de Marionetas, xogos populares, sesión vermouth coa coral polifónica do Aturuxo de Melpómene ata xogos populares ou Circo. O espazo escollido para esta edición é os arredores de onde as crianzas da Semente Trasancos aprenden durante todo o ano: o campo das festas e o local social da parroquia de San Mateo. Ademais, como a Semente naceu para seres inclusiva, colaboran na Romaría  a Asociación de Veciños de San Mateo e o Concello de Narón.

Semente Trasancos é unha asociación sen ánimo de lucro que promove as escolas de ensino galego e que, o ano que vén, contará con 21 crianzas. Alén diso, como a Semente naceu para seres inclusiva, colaboran na Romaría  a Asociación de Veciños de San Mateo e o Concello de Narón.

Ferrolterra ten o orgullo de ter un espazo semente para cativos de 2 a 6 anos en galego e cunha pedagoxía transformadora e igualitaria e que comparte coas comarcas de Compostela, Vigo, Lugo e Ourense. Para poder dalo a coñecer e pór en valor realízanse actividades coma a Romaría para que todo o mundo poida achegarse a coñecer a asociación e o proxecto. Para anotarse ao xantar hai que chamar ao número 635939533

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off