off
Estado, Movementos sociais, Política — 21 Xuño, 2017 at 08:57

Camiño da Moncloa

por Rafael Cid

Non ten graza ningunha que ao máximo que podamos aspirar politicamente sexa voltar con fachenda á casa de saída. O “Hacia la Moncloa”(Camiño da Moncloa), esgrimido como divisa mesiánica por Pedro Sánchez, “o renacido”, significa en substancia que o partido que primeiro argallou as políticas de axustes e cortes ditadas pola troika, sexa agora a gran esperanza branca para a rexeneración do sistema. O compromiso de “terra prometida” do novo secretario xeral do PSOE, entre un mar de puños erguidos ao belicoso son da Internacional, ten algo de opera bufa. O fillo pródigo volve á casa común da esquerda sen ter ido.

Porque non é outra cousa, senón máis do mesmo ainda que co romanticismo e a épica que adoitan adornar quen lograran burlar ao vilán, é o que retrataron a posta en escena e as resolucións do seu 39º Congreso. Vibrantes declaracións para botar do goberno ao PP, “o partido máis corrupto de Europa”; reivindicación do laicismo como aceno de identidade socialista e asunción do concepto de plurinacionalidade como marca da casa para definir o modelo de Estado postulado.

Todo iso á vez e ao mesmo tempo que os seus contrarios. Esquecendo que esas siglas son as mesmas que aparecerán este ano no banco dun tribunal andaluz polo caso dos ERE, o maior desfalco da historia recente, con dous ex presidente do PSOE dignos de toda sospeita e máis de 800 millóns de euros de diñeiro público en dúbida. Que a verdadeira separación entre Igrexa (católica, por suposto) e Estado (monárquico, por suposto tamén) só é crible denunciando os Acordos coa Santa Sé (o Concordato) ratificados por todos os gobernos que ata agora foron. E que o multiplex “nación de nacións” é un nasciturus se ao mesmo tempo faise fe de solemne acatamento do artigo segundo da vixente Constitución, nicho perenne daquel castrante “atado e ben atado”.

Claro que todo iso é pouco relevante para os miles de seguidores do sanchismo, xustamente afervorados polo seu suceso ante o ataque combinado da Xestora, o Grupo Prisa e o Ibex 35. Cando se derrota a un inimigo deste calibre, os erros e contradicións apenas contan no balanzo. O que non quer dicir que ese lastre non vaia facendo o seu traballo de zapa sepultando a meio prazo calquera físgoa de mudanza real. E dese legado tamén houbo exemplos no conclave de outrora. Como cando os adeptos brindaran un apoteósico aplauso á falecida Carme Chacón, a ex ministra que nos involucrou na o ataque a Libia, sendo titular de Defensa, e apadriñou o desafiuzamento exprés, desde a carteira de Vivenda.

Mas talvez o máis chocante sexa o apartado “novas xeracións”. Refírome, por unha banda, a ese pronunciamento en favor da República, aprobado en comisión por 98 votos contra 69, a proposta de Mocidades Socialistas, que foi reducido á nada pola apisoadora do aparello ao borralo do plenario. Existe mais mostra de lealdade ao regime do 78 e maior prova da fraqueza dos procedimentos democráticos proclamados? Con eses esquemas mentais non resulta estraño que Pedro Sánchez fose capaz de amentar ao verdugo en casa do aforcado sen arruinar os cimentos do templo.

Refírome, doutra banda, a esa promesa de “representar ás xentes do 15-M” sen nenn sequera facer un mínimo acto de contrición. Pretender asumir os intereses daqueles que se botaron á rúa o 15 de maio de 2011 precisamente para combater as políticas draconianas do goberno socialista de Rodríguez Zapatero, de cuxo silencioso grupo parlamentario formaba parte o propio Sánchez, é unha auténtica mofa para os anais da infamia. O mesmo executivo que puxo en macha o desmantelamento do Estado de Benestar; a contrarreforma laboral e das pensións; o golpe de man do artigo 135 da Constitución; que entregou as Caixas de Aforros á gran Banca á conta do diñeiro de todos; e entregou a Estados Unidos da Base de Rota como sede naval do sistema de Escudos Antimísiles. Que os que lles sucederon seguisen e aínda perfeccionado o latrocinio non exime de responsabilidade nen dealba o delito dos pioneiros. Por máis que o frite da manipulación de masas pretenda que o que mancha unha moura outra moura verde o descolora.

“Camiño da Moncloa”. Vaites coa novidade!. Desde Fernando VII, outro desexado, non naceu partido afín ao sistema que non aspire a sentar alí os seus reais e ocupar o BOE. Onte, hoxe e mañá, mentres a política sexa unha cuestión de dirixentes e dirixidos, de profetas e serventes. É a particular jihad á que se adscriben todos os crentes que abrazan a fe contra a razón. Precisamente con outro “Camiño da Moncloa” empezou o réxime agora celebrado polos seus panexiristas de persoal por mor dos 240 anos das primeiras eleccións”, predemocráticas, as do 15-X do 77, con presos aínda nos cárceres.

E coma sempre, foi El País o encargado de lembralo cun especial intitulado sarcásticamente “A voz de todos”. Porque primeiro de nada, a Transición comezou con esa obra de transformismo que foron Os Pactos da Moncloa, onde a esquerda política (PSOE e PCE) e sindical (o tándem CCOO-UXT, non así CNT) aceitou  impor á clase traballadora os axustes e cortes que o capitalismo nacional demandaba entón para superar a crise económica (precedente da do 2008, na altura provocada pola súbita elevación exponencial do prezo do petróleo), aceptando a implementación de topes salariais con efectos retroactivos. Unha efeméride que un ex director do diario, Joaquín Estefanía, positiva cun artigo ad hoc, nas antípodas da posición que naquel 1977 mantivo a revista El Cárabo, tamén da súa dirección, como correspondía a unha publicación de extrema esquerda maoísta e trotskista.

Aquela troca xustificouse facendo uso da xustiza poética. Como aínda andaban faltos de botafumeiros de pompa ao Javier Cercas e Jordi Gracia, recorreuse ao famoso eximente da “fraquezas de correlación”, termo acuñado polo perverso enxeño de Manuel Vázquez Montalbán para describir a rendición sen condicións dos prebostes da oposición. E como, sen ruptura democrática, o que non é tradición é plaxio, esa caste segue gozando no século XXI de boa saúde. Por iso é polo que a quen praguexan que nunca xamais Albert Rivera e Pablo Iglesias aceptasen ao casamenteiro Pedro Sánchez para explorar un sorpasso a tres, debemos lembrarlles que máis difícil parecía que Santiago Carrillo polos comunistas e Fraga Iribarne polos franquistas deran o si quero. Pasou e todos contentes. Porque hoxe como outrora “somos a esquerda”, mesmo perdendo.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: