off
Cedeira, Educación, Historia — 17 Xuño, 2017 at 09:24

Alumnos do CEIP Nicolás del Rio sinalizan as portas da Cedeira medieval con códigos Q

por

“Eu e o meu pobo” é o nome dun proxecto educativo que aproxima aos alumnos de segundo de Primaria do colexio Nicolás del Río á historia local  

 

[Pingota Comunicación] Alumnos e alumnas da Escola Nicolás del Rio penduran códigos Q impreso en cartaces que sinalizan as portas de acceso á Cedeira medieval dun xeito participativo e divertido. O lugar onde nas cercas da Cedeira medieval estiveron as portas de acceso. María Dulcenombre Carro Etchepare é a profesora que liderou o proxecto pedagóxico “Eu e o meu pobo”  de brazo dado dos seus alumnos e que no percorrido de colocación estivaron acompañados da  primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez Pérez, e o concelleiro de Educación, Rubustiano Labraña  para sinalizar o número 5 da rúa Real, as inmediacións do mercado, a zona do Cristo e a intersección das rúas Escaleiras e Tetúan. Nestes espazos se atopaban as portas denominadas da Vila, de Cartas, de Rebordelo e da Ribeira, esta última tamén chamada do Areal. O goberno cedeirense agradece a colaboración dos propietarios dos predios onde foron instaladas as sinalizacións e convida  aos veciños da vila e da comarca a visitalos para descubrir como é que foi a configuración medieval de Cedeira, alén de apoiar coa súa presenza o proceso formativo duns rapaces que están a descubrir a historia de seu.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: