off
Estado, Europa, Política — 13 Xuño, 2017 at 11:08

A xustiza europea condena España pola inhabilitación de Atutxa, Knörr e Bilbao

por

O Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional suspendérono por negarse a disolver o grupo parlamentar Sozialista Abertzaleak (SA) despois da ilegalización de Batasuna. Posicionamento dos tres membros da Mesa do Parlamento en contra desa medida, en virtude da «autonomía» parlamentar 


O Tribunal de Estrasburgo condenou España por non deixar que o expresidente do Parlamento basco Juan María Atutxa se defendera, nunha vista antes de ser inhabilitado por parte do Tribunal Supremo en abril de 2008 por non ter ilegalizado o grupo parlamentar Sozialista Abertzaleak (SA), que substituiu Batasuna en 2003.  A corte europea outorga unha indemnización de un ero a cada un dos tres demandantes(Atutxa e os exmembros da mesa do Parlamento Kontxi Bilbao e Gorka Knörr, tamén condemnados) por danos morais tal e como reclamaran en termos simbólicos na dúa demanda, , que será a cantidade que deberá pagar o Estado español, e  600 euros para os tres por gastos e honorarios.

Absoltos polo Tribunal Superior de Xustiza do País Basco, o recurso do sindicato de ultradereita Manos Limpias levou o caso ao  Tribunal Supremo, que en 2008 decretou inhabilitación e multa para os tres acusados por un delito de «desobediencia». Na altura, sete dos doce maxistrados sinalaran que a sentenza “infrinxe a igualdade de trato ante a lei”.

A condena ao estado español por esta inhabilitación, no preciso contexto do Procés catalán, vén advertir que os temas políticos non se poden resolver pola via xudicial. Quer dicer, democracia non é (só ) a lei.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: