off
Europa, Galiza, Lendas, Poesía — 11 Xuño, 2017 at 07:07

Afoga o poeta Danny Sheehy ao envorcar a súa lancha na foz do Miño

por Redacción

incidente ocorreu  na sexta-feira á noite. Segundo informou a TVG  hai dous  dias afogou Domhnall Mac Síthigh (Danny Sheehy) o poeta labrego e mariñeiro, un sobranceiro contador de historias  irlandés que participaba nunha moderna odisea celta de 2.500 km rumbo a  Compostela.Non por terra, mas polo mar, atravesando a remo o mar de Irlanda até Galiza nun barco tradicional  que  construira en parceria cos outros membros da tripulacion Liam Holden, Breanndán Ó Beaglaoich (Brendan Begley) e Breanndán Pháid Ó Muircheartaigh  (Brendan Moriarty) e o oscarizado cantautor Glen Hansard.

Todos catro ficaran co barco voltado para cima, que entón os varreu a unha praia. O naomhóg (unha barca currygh tradicional de Kerry) sofreu graves danos na popa.

Sheehy era un mariñeiro experimentado.Circumnavigou a Irlanda nun tradicional naomhóg, ou Kerry Currach, co Ger Ó Ciobháin em 1975. Tamén narrou a viaxe marítima a Islandia seguindo o camiño de St. Brendan Iomramh Bhréanainn MMXI (The Brendan Voyage 2011) publicado en libro en 2013, despois  veu o proxecto bautizado “Camino By The Sea”, o Camiño polo Mar, unha iniciativa que pretendía recuperar unha ruta empregada polos irlandeses desde hai séculos: atravesar o mar a remo desde Dublín ao porto da Coruña nunha pequena embarcación tradicional e camiñando despois até Santiago levando a barca consigo.

Durante centenas de anos, as persoas embarcaran da Irlanda para A Coruña e camiñaran polo camiño até Compostela. En sobranceira compaña Sheehy fixo a sua própria versión da histórica viaxe nun aomhóg (un currygh tradicional de Kerry) que eles próprios construíran. A tripulación, incluindo o poeta, estaba composta por dous músicos, un artista e un canteiro. A TG4 na Irlanda retransmitu este ano unha versión do documentario nunha mini-serie de 3 partes.

A singladura desenvolveuse en tres etapas ao longo de tres anos: através do Mar da Irlanda e do Canal da Mancha e ao longo das costas da Franza e do norte da península ibérica, cobrindo mais de 2.500 km até  Compostela. Atravesando cidades costeiras e aldeia, esta equipa eclética  ia surpreendendo aqueles que se encontram con un barco que parece vir diretamente da Idade Média. Todas as comunidades  abriran as suas portas á expedición  foran inspirando coraxe, resistencia no máis fundamental e antigo dos camiños. O resultado foi un documentário íntimo  que apresenta as provas e tribulacións dunha viaxe que, nas palavras de Danny Sheehy, apañou “suor, sangue e bollas para aprofundar e renovar amizades, criatividade e espiritualidade no proceso” . Após a conclusion no verao pasado en Santiago de Compostela, a tripulacion decidiu continuar a navegar nas costas galegas e portuguesas.

Sheehy gañou premios pola súa poesia e narracións, e foi un radiodifusor na Radio Gaeltachta e RTE Radio 1. Foi autor de Fan Inti: Naomhóga – Chorca Dhuibhne vai Cábán tSíle , unha coleción de poesia. Súil Seilge e Allagar na gCloch / Stonechat foran outros traballos .

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: