off
Estado, Galiza, Movementos sociais, Política — 10 Xuño, 2017 at 14:20

“Isto é democracia”. A esquerda galega en favor do proceso soberanista catalán

por

Suso de Toro falou en nome das entidades e partidos galegos que defenden a convocatoria de referendo  do 1 de outubro en Cataluña


Unha mobilización unitaria percorreu está mañá as rúas de Compostela en apoio ao proceso soberanista catalán. A concentración saiu ás 12:00h na Praza do Obradoiro para rematar cao leitura do manifesto Pacto polo Referendo en solidariedade ao proceso e ao referendo anunciado onte polo President Puigdemont para o 1 de Outubro. Oganizacións políticas como En Marea, BNG ou Compromiso por Galicia conformaron a mobilización unitaria impulsada pola ANC Galiza. Até 17 colectivos, desde  o nacionalismo de esquerdas do BNG e Galiza Nova, pasando por En Marea, onde  se integra Podemos, o centro galeguista de Compromiso por Galicia, até o independentismo de Agora Galiza . Participarton as centrais sindicais CIG e  CUT. É talvez, a primeira vez que a esquerda galega expresa dun xeito explícito e unitario  o seu apoio a que o pobo catalán poida decir, sob o lema  ‘Isto é democracia’.

A inmensa maioría da cidadanía en Cataluña está a favor de votar, ou ben a favor ou en contra da independencia“ afirmaba  un representante da ANC na Galiza  (Assemblea Nacional Catalana) a Nós Televisión 

No acto participaron tamén Camilo Nogueira e a senadora do PDCat Elisabeth Abat. Suso de Toro dirixiuse aos parceiros nun discurso no que pediu “democracia para a cidadanía catalá”  e a fin da ‘utilización dunha política segreda contra Cataluña”. O concentración rematou cunha votación simbólica dos asistentes e co canto dos himnos nacionais galego e catalán.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: