[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira e ARCE organizan para o sábado unha xornada de retirada de lixo do rio Condomiñas, no treito do que vai da Ponte Vella (Arriba da Ponte) até as Saiñas (Ponte de madeira) . Os organizadores convidan á cidadanía a participar o sábado 10 a apañar lixo e refugallo contaminante do curso do río Condomiñas. É unha actuación promovida pola Concellería de Medio Ambiente e a plataforma Amigos dos Ríos (ARCE). Ten carácter simbólico e busca crear una concienciación medioambiental, segundo os convocantes. As inmediacións da estación de bombeo será o punto de encontro para tomar parte unha actividade que dará comezo ás 11.00 horas. A limpeza farase sen remover ni retirar sedimentos e levarase a cabo entre a ponte vella e a de madeira. O Concello dispón da correspondente autorización por parte da Demarcación de Costas. Os convocantes buscan a máxima colaboración por parte da poboación local e mesmo tamén da doutros puntos da comarca e informan ademais de que as persoas que desexen participar terán que levar botas e guantes.
Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.