off

Cataluña anuncia referendo sobre independencia para 1 de Outubro

by

A Cataluña irá votar  este ano, a 1 de Outubro. A decisión foi anunciada esta sexta-feira polo presidente da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, avanzan os media cataláns. “Quer que a Cataluña sexa un Estado independente en forma de República?”, é a pregunta que será feita sobre a independencia.

Unha vez o presidente da  Generalitat, Carles Puigdemont, anunciou a data e a pregunta da consulta arrodeado de todos os deputados de JxSí máis 8 deputados da CUP  do Parlament de Catalunya, comeza a carreira de atrancos que o Govern terá que defrontar para poder celebrar a votación e garantir así o lexítimo dereito do pobo catalá a decidir. Carles Puigdemont acrescentou que agora “a xente sabe que demanda catalá non é cuestión de marco legal”.

A Assemblea Nacional Catalana (ANC) pideu “ben axiña” o censo do referendo. Òmnium fixa ” a forza da xente” como garantia para o referendo.

O vicepresidente do Goberno e conselleiro de Economia e Facenda, Oriol Junqueras, carregou contra a actitude do goberno español e considerou que “violenta os dereitos democráticos fundamentais” e “exerce antidemocráticament as súas funcións”, informa El Punt-Avui. Alén diso, Iceta (PSC)  acha que o anuncio da  data e a pregunta “non levan a nada”. O executivo catalá, até agora discreto en todo o relacionado os preparativos do referendo, tén entre os principais retos de cara os vindeiros meses completar a merca de urnas, artellar un censo válido e oferecer cobertura legal a unha votación que terá que enfrontarse á presión xudicial e a todos os obstáculos do Estado, que acubilla en segredo até onde está disposto a chegar.  Ao parecer a Moncloa arranxa unha resposta de baixa intensidade ao anuncio nun intento talvez de acalar a Operación Cataluña contra o Procés desvelada por xornalistas de Público (e recoñecida por un dos seus membros, o comisario José Manuel Villarejo) e as  declaracións calculadamente ambigües de membros do executivo español respeito á suspensión da autonomía.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off