off
Ciencia — 8 Xuño, 2017 at 12:53

Unha descoberta en Marrocos situa a nosa orixe 120000 anos antes do que se pensaba

por Redacción

En lugar de Etiopia, no xacimento de Jebel Irhoud de Marrocos. As orixes do Homo sapiens poderian deslocarse. A descoberta duns fósiles en Marrocos publicados onte na revista Nature,  viran o que sabiamos: a humanidade evolucionou antes e nun lugar diferente.

Os fósiles máis antigos coñecidos foran atopados na Etiópia e datados por volta de 195.000 anos. O novo achado de Jebel Irhoud, perto de Marraquesh, vén pór en evidencia individuos Homo sapiens de 315.000 anos, 120.000 anos antes do que se acreditaba. Ao parecer os humanos que habitaban este novo emprazamento primixenio semellábanse moito entre eles e aos humanos actuais. Esa é afirmación do paleoantropólogo  Jean-Jacques Hublin. Estes homínidos tiñan  cellas mestas, queixo pequeno e face cha e larga. Os cerebros,porén, era diferentes ainda que do mesmo tamaño e non acadaran a forma redondeada que hoxe teñen. Era máis longos e esmagados 

O experto en fósiles, Phillip Gunz, do  Instituto  Max Planck de Alemania, apunta que o cerebro humano puido ir redondeando nunha fase posterior da evolución. O lóbulo parietal e o cerebelo, locados na parte posterior do cránio, terían medrado paseniño aol ongo de milleiros de anos.  Porén, non se sabe como un cerebro máis redondo puido mudar o noso xeito de pensar.

Os individuos deJebel Irhoud mostraban un alto grau de sostificación xa que podian facer armas artesanais complexas como lanzas ou mangos de pau que se precisaban para a cazar dos animais da sabana que se espallaba polo Sàhara hai 300.000 anos. Alén diso, as pederneiras atopadas  explican que estes homo sapiens eran quen de facer longas distancias a pé para fornecerse.

Estes fósiles lanzan a hipótese de que foran manufacturados .  De ser certo, a nosa especie teria evolucionado como unha rede de grupos espallados por todo o continente.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: