off
Cedeira, Galiza, Política — 7 Xuño, 2017 at 6:59 a.m.

A Xunta non se compromete a reformar a AC-566

by

A Xunta só elaborará un proxecto de intervención da curvas de Landeira. “Contentos pero con reticencias” é a expresión empregada por Moreda Gil logo da reunión que mantivo coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Esthel Vázquez, a última hora da tarde desta segunda-feira.

A primeira tenente de alcalde de Cedeira, María Xosé Rodríguez Pérez, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, tamén estiveron presentes no encontro, que tiña como obxectivo arrincar un primeiro compromiso da responsable autonómica con respecto a obras de mellora na estrada AC-566, principal vía de comunicación entre as comarcas de Ferrol e Ortegal. Conqueriuse o obxectivo, e a Xunta dará o primeiro paso para a esperada reforma integral da estrada coa elaboración dun proxecto de intervención para o tramo das curvas de Landeira, que cubre unha distancia de 2,5 quilómetros e cuxo coste de execución está en torno aos catro millóns de euros.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, recoñeceu que se trata “dun primeiro paso”, porén a falta de concreción a respeito de cuestións relevantes coma os prazos é o que realmente ensombrece este compromiso. Así as cousas, Moreda apuntou a necesidade de facer un seguimento dos acordos ou accións que a Xunta adopte, de agora en adiante, para garantir que as intencións pasen a ser unha realidade. Moreda explicou que a vontade da Xunta ten que dar lugar á realización do proxecto, á dotación da partida correspondente e finalmente á consignación da mesma nos orzamentos autonó- micos, polo que “o proxecto se acadará a medio prazo”. Moreda lembrou a importancia que as comunicacións xogan no desenvolvemento económico e social dos municipios, como é o caso de Cedeira, e reiterou a urxencia e a necesidade da intervención que se leva anos demandando para garantir o futuro da vila, ademais da seguridade das persoas e condutores que circulan por unha vía chea de curvas e moi transitada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off