off
Língua — 6 Xuño, 2017 at 10:20 a.m.

Para dar trela. Un manual práctico de fraseoloxía galega

by


En 2016 saía do prelo en papel e en formato electrónico de acceso aberto un manual práctico de fraseoloxía e paremioloxía galega para apredinzaxe do galego, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidade e sob a parcería de M. Carmen Losada Aldrey Alba Cid Fernández, Xurxo Fernández Carballido, ilustracións de Evaristo Corujo Martínez, “Tito”, c olaboración de Luis Davila e prólogo Ferro Ruibal.

O manual preséntase como un guieiro polas metáforas do galego xa que “unha lingua poden ser un labirinto para o foráneo que aprende esa lingua. Por iso precisa unha guía para introducirse nelas. Este libro quere ser esa guía e, se te decides a seguilo, aprenderás fraseoloxía e galega e acabarás falando con arte”. Afírmase no prólogo de Ferro Ruibal que “un fraseoloxismo ou un refrán é sempre un cadro que nos fai ver unha realidade cun punto de vista diferente do abstracto ou matemático”. E o galego oferece as súas peculiaridades  na observación da realidade, as locucións e hipérboles que lle son próprias e as que son comúns a outras linguas europeas. “Sen entende-lo valor dos ditos e dos refráns é imposible comprender a Rosalía de Castro, a Curros, a Castelao ou, entre os recentes, a Bieito Iglesias ou os capítulos de series da TVG como Mareas vivas e, sobre todo, Pratos combinados”, afírmase.Un necesario e acaído manual para quen aprende o galego, para o neofalante e para quen queira afondar no coñecimento do idioma. Unha oportunidade, ao cabo, “non hai mellor manual de fraseoloxía e paremioloxía que a convivencia cos avós e coas avoas”, recomenda Ferro Ruibal. Para dar trela (animar a facer algo, deixar liberdade para facer; dar permiso, licenza)

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off