off
Cedeira, Educación, Política local — 5 Xuño, 2017 at 06:33

Moreda acusa Luis Rubido de mentir sobre a Escola Infantil de Cedeira

por

[Pingota Comunicación]  O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, acusa ao portavoz del PP, Luis Rubido Ramonde, de mentir con respecto ao asunto da escola infantil. Moreda Gil asegura que as declaracións feitas polo representante do PP e anterior alcalde non se axusta á realidade, “xa que no ano 2015 na Xunta non había ningunha partida consignada para a ampliación da escola infantil nen convenio nengún asinado o Concello cedeirense”, unha afirmación que sostén en base aos datos obtidos no seu día do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade, Roberto Martínez. Moreda lembra que o portavoz do PP “xa non dixo a verdade con respecto ao centro de saúde”, considera que este tipo de actitudes o único que fan é pór de manifesto “o nerviosismo con que agora actúa Rubido como líder da oposición e a incapacidade de xestión que tivo como alcalde”.

O sábado 3 de xuño Rubido culpaba ao goberno local  (PSG-PSOE, BNG e ANOVA) do retraso en ampliar a escola infantil, reprochándolle ao alcalde a eliminación da partida consignada nos orzamentos de 2015 para acadar este fin (La Voz, 03/06/17). No comunicado Rubido calificada de “buenas palabras-suflé”  e “de tomar o pelo aos administrados” e de “non comprir co Consorcio”, xa que segundo Rubido a partida consignada polo PP nos orzamentos  de 2015 [37.278 euros, el 50 % do custo total para a ampliación. Segundo o PP, o Consorcio precisou en abril de 2015 un cambio do proxecto inicial de 2014, con novos requisitos que  aumentaron os 74.500 iniciais até acadar 139.000 euros.

Porén, en comunicado de resposta emitido polo goberno cedeirense, afírmase  “que no ano 2015 na Xunta non había ningunha partida consignada para a ampliación da escola infantil nen convenio nengún asinado o Concello cedeirense”, acrescentando que “é triste e lamentable” que a estas alturas non saiba como funcionan as administracións e o reta a levar o asunto ao pleno para debatilo en profundidade. Recorda que o actual equipo de goberno está seguindo escrupulosamente a folla de ruta imposta pola administración da Xunta e, neste sentido, asegura que despois de ter feito o borrador e supervisado o proxecto por parte dos técnicos do Consorcio agora a realización da obra só está pendente de que se tome un acordo co respecto á financiamento. Recomenda a Rubido que trate de facer unha oposición responsable, “sen recurrir sempre ás mentiras e sen tratar de coaccionar a uns pais que con seu esforzo queren que o proxecto saía adiante”, en referencia á campaña de recollida de firmas que está levando a cabo un grupo de pais.

Moreda afirma que “no mundo da mentira para manipular aos veciños nós non somos como Rubido como tampouco el se pode comparar a nós na adicación, traballo e proximidade coa veciñanza”. A intención do goberno é seguir traballando e levar a cabo nun prazo de dous ou tres meses a construción do parque infantil dentro do recinto da escola infantil, apuntou o alcalde.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: