off
Economía, Galiza, Política, Politica espanhola — 1 Xuño, 2017 at 9:48 a.m.

O Estado incumpre os investimentos prometidos en Galiza

by

A aprobación onte dos orzamento xerais do Estado van pór en evidencia a rebaixa do investimento en infraestructuras en todas as autonomía, agás Canarias, chave para a súa aprobación. Montoro, perante o protesto das comunidades, respostaba que non se compararan os orzamentos cos anteriores senón o que finalmente se executou, porque así se vería o aumento. Porén, o ano pasado o Estado investiu en infraestructura menos de catro de cada dez euros prometidos ás autonomías. Así fica reflectivo no relatorio da Intervención Xeral da Administración do EStado, que compara os investimentos realmente executados cos inicialmente orzamentados. No caso de Galiza o incumprimento  foi inferior á media. Só se executou o 36,9 do previsto, un 0,6 por baixo da media española, ainda que por riba da porcentaxe de cumprimento do País Valencià, País Basco, Andalucía, Cataluña ou Estremadura. O ano 2015, o Estado tamén incumpriu en todas as autonomías, ainda que conseguira cadrar na meirande parte. En 2016, porén, só catro comunidades tiveran a sorte de contar coa metade dos cartos que lles prometeran: Baleares, Rioxa, Canarias e Ceuta recibiran máis do 50% dos investimentos prometidos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off