off
Economía, Estado, Movementos sociais, Política — 29 Maio, 2017 at 09:43

PP, Cs e PNB deixan a oposición sen voz nos orzamentos

por

 Rajoy  aprobará as contas con Nueva Canarias e sen aceptar emendas.En total, vetaran por volta de 1.500 emendas de todos os grupos. Para Galiza estes orzamentos son os piores  desde 2004 en termos absolutos


A tramitación parlamentar semella non ter servido para ren. A única novidade desta tramitación parlamentar ten sido o veto do goberno, coa mesa do Congreso, ao centenares de emendas, argumentando que diminuen os ingresos ou aumentan o gasto. O goberno achou neste dispositivo, consagrado pola Constitución, para frear as propostas da oposición, e coa axuda de Ciudadanos impor a súa maioría na mesa para evitar que algunhas emendas  nin fosen discutidas en comisión.

Mariano Rajoy  achou en PNB e Ciudadanos aliados fideis para os orzamentos.  Entre os tres partidos deitaron en baixo, unha por unha, a práctica totalidade das  5.300 emendas  que presentaran os partidos e grupos da oposición ás contas e que se discutiran estas semanas en comisión. Só se aprobaron pequenas modificacións das contas impulsadas polos mesmos partidos que fan parte da maioría e que esta semana votarán a favor do orzamento no pleno. 

Ningunha das  300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado presentadas por En Marea o pasado 5 de maio foran contempladas. 184 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galicia. Porén,  todo iso apenas se debulla nun xenérico chamado a unha mellora do sistema de financiamento autonómico nas máis de 30 páxinas da emenda á totalidade do grupo parlamentar confederal Unidos Podemos, en que está inserida En Marea, aos orzamentos xerais do Estado.

 “A sensación que tiven é que foi una vontade premeditada de vetar o debate das emendas, afirmou o deputado de En Comú Podem Joan Mena

Portanto, o primeiro orzamento en minoría de Rajoy sairán do Congreso dos Deputados cara a súa aprobación definitiva no Senando, onde o PP ten maioría absoluta, idénticos a como os presentou o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

Porén, a aprobación definitiva será a través dunha votación ben axustada: 176 votoss a favor e 174 en contra, após a executiva de Nueva Canarias confirmara acordo co gobernoe spañol para diciri si ás contas a troca, entre outras, de bonificacións no transporte de mercadorías á Península, bonificacións nas viaxes entre as illas e avanzos no Estatuto de Autonomía e o rexime económico fiscal da rexión.

Para Galiza estes orzamentos son os piores  desde 2004 en termos absolutos e desde 1996 en euros constantes (descontada a inflacción)

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: