off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 29 Maio, 2017 at 07:16

Paulo Carril é o novo secretario xeral da CIG

por

O Congreso Confederal escolleu este domingo novo secretario xeral,  a Executiva Confederal e a Comisión de Garantías


O VII Congreso Confederal da CIG remataba a última hora da mañá do domingo escollendo á nova Executiva Confederal e a Paulo Carril Vázquez como novo secretario xeral da CIG, en substitución de Xesús Seixo. Remataba así o proceso de renovación de cargos e organismos confederais coa sintonización do ideario programático no que se definiron e aprobaron as liñas que conducirán a acción sindical da CIG nos vindeiros tempos.

Tanto para a Executiva Confederal como para a Secretaría Xeral ou a Comisión de Garantías presentábase unha única candidatura. A da Executiva Confederal foi referendada por 506 congresistas (95%), 22 votaron en branco e 3 emitiron voto nulo. Mentres, Paulo Carril Vázquez resultaba elixido novo secretario xeral, con 511 votos (96%), 17 brancos e 3 nulos.

Carril clausurou o congreso definindo a CIG “como mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega”, salientando tamén o relevo xeracional e “enorme sacrificio persoal, coherencia e un compromiso inquebrantábel co noso país e coa clase traballadora galega” de persoas como Seixo, Miranda, Obiña e Patiño. A máis, o novo secretario xeral da CIG xulgou  a indolencia da UE fronte  o capitalismo neoliberal caracterizado pola “inxente concentración da riqueza e que pula por consolidar unhas relacións laborais altamente precarizadas e individualizadas” e  o “papel servil” da Xunta de Feijóo, un goberno “de obediencia cega” ao español e ao que dita a troika.

Composición da nova Executiva Confederal

1.- Paulo Carril Vázquez.
2.- Margarida Corral Sánchez.
3.- Francisco Xabier Cartelle Pérez
4.- Susana Méndez Rodríguez
5.- Fernando Acuña Rúa
6.- Lucía Freire Ces
7.- Miguel Malvido Cabirto
8.- Nicolasa Castro Monteiro
9.- Paulo Paio Rubido Bará
10.- Anxo Noceda Carballo
11.- Renato Núñez da Silva
12.- Francisco González Sío.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: