off
Cedeira, Galiza, Pesca — 19 Maio, 2017 at 07:31

Pesqueiros bascos e asturianos descargan toneladas de xarda no peirao de Cedeira para enviar ás lonxas de orixe

por

Os mariñeiros galegos non teñen quen os represente. A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) denunciou en numerosas ocasións que a repartición de cotas de xarda discrimina a Galiza, mentres reclama ao Goberno unha nova distribución “liñal, por embarcación e tripulante”


17 pesqueiros bascos e asturianos atracaron onte no peirao de Cedeira para descargar toneladas de xarda para enviar ás súas lonxas de orixe. O peixe foi capturado ao fronte a costa cedeirense, en augas nas que os barcos galegos non pode faenar.

Hai agora una no a Secretaría Xeral  Pesca decretaba  o peche da pesca accidental de xarda para la flota de artes menores de Galiza. O Goberno  clausuraba esta pesqueira  ao esgotarse a cota tras unha campaña moi breve. A Federación Galega de Confrarías de Pescadores negociaba posteriormente coa frota basca a cesión de 120 toneladas de xarda para que os barcos galegos de baixura puidesen aproveitar os exemplares desta especie que mallaran nas súas redes de forma accidental, polo que desde o 20 de abril do anoa pasado estas artes volveron acceder á pesqueira cuns topes de 300 quilos por embarcación á semana.

Os mariñeiros galegos non teñen quen os represente

A xarda é unha especie que foi apañando nos últimos anos grande peso nos caladoiros galegos.  Os armadores veñen esixindo ao Goberno que mude a repartición de posibilidades de pesca . En xaneiro de 2016 abria a veda para Biscaia e Guipúzcoa cun total admisibel de capturas (TAC) de 4.329.571 quilos, o que supón o 42% de España, mentres que para a Coruña, Lugo e Pontevedra só daban unha asignación do 17,5% do total, con 1.796.945 quilos. Unha discriminación do Goberno á frota artesanal galega na repartición de cotas para 2016 fronte a outras comunidades autónomas: a frota basca conta con tan só 158 embarcacións artesanais fronte ás 4.000 galegas, e aínda que apuntan a que son unhas 1.300 as que se dedican á xarda en Galiza, a diferenza é altamente significativa. Porén, o reparto é madrileño. Quen defende os intereses da frota galega?

Os armadores reclaman ao Goberno un cambio dos criterios de repartición de posibilidades de pesca por comunidades, dado que consideran que a distribución actual prexudica a Galiza  pola falta de rexistros de capturas históricas.

Competencia exclusiva

Hai vinte anos pediase competencia exclusiva nas 12 millas (mar territorial galego). Reclamación de competencia que foi silenciada. Porén, agora semella que administración quere retirar a veda ao arrastre que foi conquerida na altura logo de moito traballo de concienciación e sensibilización.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: