off
Cedeira, Língua, Literatura — 17 Maio, 2017 at 1:00 p.m.

Un salón de plenos ateigado acolleu a lectura de “As laranxas máis laranxas de todas a laranxas”

by

A idea era dar comprida lectura de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares baixo a vella laranxeira da rúa Real de Cedeira, mas o Dia das Letras veu cuberto  de choiva e brétema. Houbo de ser nun salón de plenos ateigado de palabras e xente miúda a ler moito e a ler ben. Non hai mellor manifesto.


A choiva mudou o emprazamento dos actos organizados polo Concello de Cedeira con motivo do Día das Letras Galegas, mas non os contidos e a vontade dos pícaros. Desde hai uns días, un grupo de nenos e nenas viñan traballando na elaboración de limóns feitos en papel cuché cos que esta mañá tiñan previsto adornar a vella laranxeira que está a carón do Concello, un acto simbólico e de homenaxe a Carlos Casares, escritor homenaxado este 17 de maio e autor da obra “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. Porén, o salón de plenos do Concello sirveu de escenario para  a lectura fragmentos da peza dramática que Carlos Casares escribiu a principios dos setenta e que se converteu pronto nun clásico do teatro infantil. Finalmente, algunhas das obras realizadas polos nenos no obradoiro “As laranxas, máis laranxas e outros mundos”  puideron ser penduradas na laranxeira situada á entrada do Concello. A laranxeira máis laranxeira de Cedeira. A ANPA Picapeixe do colexio Nicolás del Río colaborou na organización dunha actividade dinamizada e conducida por Quique Vázquez.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off