off
Cultura, Língua, Literatura, Livros — 17 Maio, 2017 at 7:42 a.m.

Carlos Casares centra os actos do Día das Letras

by

O 17 de maio volve marcado pola reivindicación do uso na vida cotiá da lingua galega.


Carlos Casares retratado por Ricardo Grobas (Fundación Carlos Casares)

Carlos Casares foi un dos primeiros escritores profesionais das letras galegas, coñecido polas súas novelas, relatos e artigos, mas as súas orixes literarias foran poéticas. Sucedeu en 1996 a Filgueira Valverde na presidencia do CCG, na que se mantivo ata a súa morte no ano 2002. Casares foi referencia tan senlleira como controvertida para a política e a cultura en Galicia, sempre dende as filas do galeguismo autonomista e apartidario liderado por Ramón Piñeiro e nucleado en torno a Editorial Galaxia, editorial a cuxos traballos se vinculou cada vez máis estreitamente até que en 1985  Piñeiro decide propoñer a Casares como director da editorial, cargo que desempeñará até a súa morte ” procedendo a unha fonda e modernizadora reestruturación da emblemática editorial viguesa”. Alén de dirixir Galaxia e a revista Grial, presideu o PEN Clube de Galicia e o Consello da Cultura Galega, formando parte do Padroado da Fundación Caixa Galicia. Para algúns o “derradeiro galeguista histórico” (X.M. Pereiro)  que desde o piñeirismo acabou tomando parte nas desavinzas internas do galeguismo por acadar hexemonía. A súa facción foi a do culturalismo virado a unha noción sentimental da nación que foi ocupando posicións nas institucións fronte a outra que  acabou aniñando no resistencialismo e da que se foi distanciando malia seren os seus, o seu mundo de ascendencia (Suso de Toro). A dignidade antifranquista non lle impediu acomodarse ao fraguismo  con comodidade, suavizada pola tapicería do coche oficial (Jaureguizar).

A sesión extraordinaria da Real Academia Galega adicada a Casares será no salón de plenos do concello de Xinzo de Limia a partir das 11:30 horas e contará con intervencións a cargo da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.

Obra

1. Narrativa

  • Vento ferido, Vigo, Editorial Galaxia, 1967 [15ª ed., 2002].
  • Cambio en tres, Vigo, Galaxia, 1969.
  • Xoguetes para un tempo prohibido, Vigo, Galaxia, 1975 [9ª ed., 2002].
  • Os escuros soños de Clío, Santiago, Edicións do Cerne, 1979 [9ª ed., 2002].
  • Ilustrísima, Vigo, Galaxia, 1980 [14ª ed., 2000].
  • Os mortos daquel verán, Vigo, Galaxia, 1987 [3ª ed., 1996].
  • O galo de Antioquía, Santiago, Castromil, 1994.
  • Deus sentado nun sillón azul, Vigo, Galaxia, 1996 [4ª ed., 2000].
  • Un polbo xigante, Galaxia, Vigo, 2000.
  • O sol do verán, Vigo, Galaxia, 2002.

 

2. Literatura infantil

  • A galiña azul, Vigo, Galaxia, 1969 [8ª ed., 2002].
  • As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, Vigo, Galaxia, 1973 [4ª ed., 1993].
  • O can Rin e o lobo Crispín, Vigo, Galaxia, 1983 [3ª ed., 1991].
  • Este é Toribio, Vigo, Galaxia, 1991.
  • Toribio contra o profesor Smith, Galaxia, Vigo, 1991.
  • Toribio e o contador de contos, Vigo, Galaxia, 1991.
  • Toribio ten unha idea, Vigo, Galaxia, 1992.
  • Toribio revoluciona o tráfico, Vigo, Galaxia, 1994.
  • Lolo anda en bicicleta, Vigo, Galaxia, 1996.

 

3. Narrativa traducida a outras linguas

  • Narrativa breve completa [Carlos Casares e Xesús Rábade Paredes], Barcelona, Libros del silencio, 2012. 

Vento ferido (1967)

  • “Cando cheguen as chuvias”: “When the rains come” [Kathleen March], Así vai o conto. An Anthology of Gali­cian Short Stories, New York, Edwin Mellen Press, 1991; 102-109.
  • “Vou quedar cego”: “I’m going to be blind” [Tony Escassany], Donaire (Londres), 11 (1998), 81-82.
  • Wounded Wind, [Rosa Rutherford], Gales, Planet, 2004
  • Viento herido [Mónica Álvarez], Madrid, Punto de Encuentro, 2010.

Xoguetes para un tempo prohibido (1975)

  • Xuguetes pa un tiempu prohibíu [Xosé Miguel Suárez], Oviedo, Trabe, 1993.

Os escuros soños de Clío (1979)

  • Los oscuros sueños de Clío [Xesús Rábade Paredes], Madrid, Alfaguara, 1984.
  • Gli oscuri sogni di Clio [Giulia Lanciani], Roma, Japadre Editore, 1989.
  • Los escuros sueños de Clío [Pablo Antón Marín Estrada], Oviedo, Trabe, 2004.
  • “O xudeo Xacobe”: “Der Jude Jakob” [Elke Wehr], Sprache im Technischen Zeitalter 32, 129 (1994).
  • “Un enigma histórico”: “Ein historisches Rätsel” [Elke Wehr], Sprache im Technischen Zeitalter 32, 129 (1994).

Ilustrísima (1980)

  • Ilustrísima [Basilio Losada], Barcelona, Luis de Caralt, 1986.
  • II·lustríssima [Josep Franco Martínez], Alzira, Bromera. 1993.
  • Monseigneur ou l´affaire du cinématographe [Michel Wagner] Ker, 2014.

Os mortos daquel verán (1987)

  • Los muertos de aquel verano [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara. 1987.

Deus sentado nun sillón azul (1996)

  • Dios sentado en un sillón azul [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara, 1997.
  • Déu assegut en una butaca blava [Lluïsa Soaz], Barcelona, Proa, 2001.

O sol do verán (2002)

  • El sol del verano [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara, 2003.

4. Literatura infantil traducida a outras linguas

O can Rin e o lobo Crispín (1983)

  • El perro Rin y el lobo Crispín [Mª Victoria Moreno], Barcelona, La Galera, 1983. [Outra edición en Madrid, Hyspamérica, 1985].
  • El gos Tupí i el llop Crispí [Ángel Serra Costa], Barcelona, La Galera, 1987.
  • Rin eta Krixpin [Joxantonio Ormazabal], Barcelona, La Galera, 1983. [Outra edición en San Sebastián, Elkar. 1986].
  • Toupi ar c’hi ha Krispi ar bleiz: marvailh [Beatris Jouin], Kemper, Kerdrezeg, 1989.
  • Su cane Rubino e su lupu Crispinu [Diegu Corraine], Nuoro, Papiros. 1989.

Lolo anda en biclicleta (1996)

  • La bicicleta de Lolo [Avel·lí Llinac], Bromera, Alzira, 1996. [Valencián; outra edición en Valencia, Tàndem, 1996].
  • Lolo va en bicicleta [Jordi Vidal], Barcelona, La Galera, 1996. [Catalán].
  • Lolo anda en bicicleta [Blanca Cassany], Barcelona, La Galera, 1998 [Catalán; outra edición en Valencia, Tán­dem, 1996].
  • Lolo bizikletan dabil [Joxantonio Ormazabal], San Sebastián, Elkar, 1996.

 

5. Traduccións de Casares dende outras linguas

  • Le petit prince, de A. de Saint Exupéry =  O principiño, Vigo, Galaxia, 1972 [14ª ed., 2010].
  • Tordyvlen flyger i skymningen, de M. Gripe = Os escarabellos voan á tardiña, Vigo, Galaxia, 1989.
  • The Old Man and the Sea, de E. Hemingway = O vello e o mar, Vigo, Galaxia, 1999.
  • La Bella Otero, de G. Torrente Ballester, París, Raíña Lupa / Santiago, Consorcio, 2000.
  • Doménica, de Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, Espasa Calpe / Madrid, Espasa Calpe, 1999.

 

6. Estudos e ensaios biográficos. Semblanzas, entrevistas

  • Coas raíces na terra: 18 figuras galegas, Galaxia, Vigo, 1980.
  • Curros Enríquez Vigo, Galaxia, 1980.
  • Vicente Risco, Vigo, Galaxia, 1981.
  • Otero Pedrayo, Vigo, Galaxia, 1981.
  • Conversas con Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1981.
  • Vida, obra e milagres de Xan da Cova, Vigo, Diario 16 de Galicia, 1992 [con X. Alonso Montero].
  • Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia,  Fundación Caixa Galicia, 1991.
  • Ramón Piñeiro, Santiago, Xunta de Galicia, 1996.
  • A vida de Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1996 [2ª ed., 1997]
  • Un país de palabras, Vigo, Galaxia, 1998 [2ª ed., 2002]
  • Hemingway en Galicia, Galaxia, Vigo, 1999.
  • Biografia de D. Juan de la Coba, Vigo, Galaxia, 2000.
  • A vida do Padre Sarmiento, Vigo, Galaxia, 2001 [2ª ed., 2002]
  • Gonzalo Torrente Ballester. O escritor, o amigo, Santigo, Xunta de Galicia, 2002.

 

7. Edicións académicas no Día das letras galegas

  • Francisca Herrera Garrido, A Coruña, Real Academia Galega, 1987.
  • Ramón Otero Pedrayo. Vida e obra, A Coruña, Real Academia Galega, 1988.
  • Fermín Bouza Brey, A Coruña, Real Academia Galega, 1992.
  • Ánxel Fole. Escolma de textos, A Coruña, Real Academia Galega, 1997.

 

8. Edicións e crítica literaria

  • Aires da miña terra, M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1975.
  • Obras completas, M. Curros Enríquez, Madrid, Aguilar, 1979.
  • A literatura galega moderna, Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • “Ramon del Valle-Inclan: Zwischen Dekadenzdichtung und moralischer Satire”, en Michi Strausfeld (ed.), Spanische Literatur, Frankfurtam Main, Suhrkamp, 1991.
  • Antoloxía da novela curta, Vigo, Galaxia, 1991.
  • Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia,  Fundación Caixa Galicia, 1991.
  • Poesía galega completa, de M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1992.
  • Da miña acordanza, de R. Piñeiro, Vigo, Galaxia, 2002.

 

9. Guías e itinerarios

  • Santiago de Compostela, Madrid, Novatex, 1988.
  • Ourense de auga e pedra. Vigo, Ir Indo, 1990.
  • Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura, gastronomía, Vigo, CaixaVigo, 1995.
  • Portos de Galicia: desde A Guarda a Montelouro, Santiago, Xunta de Galicia, 1998.
  • Olores e sabores do saber, Vigo, Universidade de Vigo, 2001.
  • Galicia. Nai e señora, Vigo, Nigratea, 2002.

 


Para saber máis:

Biografía (Fundación Carlos Casares)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off