O 17 de maio volve marcado pola reivindicación do uso na vida cotiá da lingua galega.
Carlos Casares foi un dos primeiros escritores profesionais das letras galegas, coñecido polas súas novelas, relatos e artigos, mas as súas orixes literarias foran poéticas. Sucedeu en 1996 a Filgueira Valverde na presidencia do CCG, na que se mantivo ata a súa morte no ano 2002. Casares foi referencia tan senlleira como controvertida para a política e a cultura en Galicia, sempre dende as filas do galeguismo autonomista e apartidario liderado por Ramón Piñeiro e nucleado en torno a Editorial Galaxia, editorial a cuxos traballos se vinculou cada vez máis estreitamente até que en 1985 Piñeiro decide propoñer a Casares como director da editorial, cargo que desempeñará até a súa morte ” procedendo a unha fonda e modernizadora reestruturación da emblemática editorial viguesa”. Alén de dirixir Galaxia e a revista Grial, presideu o PEN Clube de Galicia e o Consello da Cultura Galega, formando parte do Padroado da Fundación Caixa Galicia. Para algúns o “derradeiro galeguista histórico” (X.M. Pereiro) que desde o piñeirismo acabou tomando parte nas desavinzas internas do galeguismo por acadar hexemonía. A súa facción foi a do culturalismo virado a unha noción sentimental da nación que foi ocupando posicións nas institucións fronte a outra que acabou aniñando no resistencialismo e da que se foi distanciando malia seren os seus, o seu mundo de ascendencia (Suso de Toro). A dignidade antifranquista non lle impediu acomodarse ao fraguismo con comodidade, suavizada pola tapicería do coche oficial (Jaureguizar).
A sesión extraordinaria da Real Academia Galega adicada a Casares será no salón de plenos do concello de Xinzo de Limia a partir das 11:30 horas e contará con intervencións a cargo da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.
Obra
1. Narrativa
- Vento ferido, Vigo, Editorial Galaxia, 1967 [15ª ed., 2002].
- Cambio en tres, Vigo, Galaxia, 1969.
- Xoguetes para un tempo prohibido, Vigo, Galaxia, 1975 [9ª ed., 2002].
- Os escuros soños de Clío, Santiago, Edicións do Cerne, 1979 [9ª ed., 2002].
- Ilustrísima, Vigo, Galaxia, 1980 [14ª ed., 2000].
- Os mortos daquel verán, Vigo, Galaxia, 1987 [3ª ed., 1996].
- O galo de Antioquía, Santiago, Castromil, 1994.
- Deus sentado nun sillón azul, Vigo, Galaxia, 1996 [4ª ed., 2000].
- Un polbo xigante, Galaxia, Vigo, 2000.
- O sol do verán, Vigo, Galaxia, 2002.
2. Literatura infantil
- A galiña azul, Vigo, Galaxia, 1969 [8ª ed., 2002].
- As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, Vigo, Galaxia, 1973 [4ª ed., 1993].
- O can Rin e o lobo Crispín, Vigo, Galaxia, 1983 [3ª ed., 1991].
- Este é Toribio, Vigo, Galaxia, 1991.
- Toribio contra o profesor Smith, Galaxia, Vigo, 1991.
- Toribio e o contador de contos, Vigo, Galaxia, 1991.
- Toribio ten unha idea, Vigo, Galaxia, 1992.
- Toribio revoluciona o tráfico, Vigo, Galaxia, 1994.
- Lolo anda en bicicleta, Vigo, Galaxia, 1996.
3. Narrativa traducida a outras linguas
- Narrativa breve completa [Carlos Casares e Xesús Rábade Paredes], Barcelona, Libros del silencio, 2012.
Vento ferido (1967)
- “Cando cheguen as chuvias”: “When the rains come” [Kathleen March], Así vai o conto. An Anthology of Galician Short Stories, New York, Edwin Mellen Press, 1991; 102-109.
- “Vou quedar cego”: “I’m going to be blind” [Tony Escassany], Donaire (Londres), 11 (1998), 81-82.
- Wounded Wind, [Rosa Rutherford], Gales, Planet, 2004
- Viento herido [Mónica Álvarez], Madrid, Punto de Encuentro, 2010.
Xoguetes para un tempo prohibido (1975)
- Xuguetes pa un tiempu prohibíu [Xosé Miguel Suárez], Oviedo, Trabe, 1993.
Os escuros soños de Clío (1979)
- Los oscuros sueños de Clío [Xesús Rábade Paredes], Madrid, Alfaguara, 1984.
- Gli oscuri sogni di Clio [Giulia Lanciani], Roma, Japadre Editore, 1989.
- Los escuros sueños de Clío [Pablo Antón Marín Estrada], Oviedo, Trabe, 2004.
- “O xudeo Xacobe”: “Der Jude Jakob” [Elke Wehr], Sprache im Technischen Zeitalter 32, 129 (1994).
- “Un enigma histórico”: “Ein historisches Rätsel” [Elke Wehr], Sprache im Technischen Zeitalter 32, 129 (1994).
Ilustrísima (1980)
- Ilustrísima [Basilio Losada], Barcelona, Luis de Caralt, 1986.
- II·lustríssima [Josep Franco Martínez], Alzira, Bromera. 1993.
- Monseigneur ou l´affaire du cinématographe [Michel Wagner] Ker, 2014.
Os mortos daquel verán (1987)
- Los muertos de aquel verano [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara. 1987.
Deus sentado nun sillón azul (1996)
- Dios sentado en un sillón azul [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara, 1997.
- Déu assegut en una butaca blava [Lluïsa Soaz], Barcelona, Proa, 2001.
O sol do verán (2002)
- El sol del verano [Carlos Casares], Madrid, Alfaguara, 2003.
4. Literatura infantil traducida a outras linguas
O can Rin e o lobo Crispín (1983)
- El perro Rin y el lobo Crispín [Mª Victoria Moreno], Barcelona, La Galera, 1983. [Outra edición en Madrid, Hyspamérica, 1985].
- El gos Tupí i el llop Crispí [Ángel Serra Costa], Barcelona, La Galera, 1987.
- Rin eta Krixpin [Joxantonio Ormazabal], Barcelona, La Galera, 1983. [Outra edición en San Sebastián, Elkar. 1986].
- Toupi ar c’hi ha Krispi ar bleiz: marvailh [Beatris Jouin], Kemper, Kerdrezeg, 1989.
- Su cane Rubino e su lupu Crispinu [Diegu Corraine], Nuoro, Papiros. 1989.
Lolo anda en biclicleta (1996)
- La bicicleta de Lolo [Avel·lí Llinac], Bromera, Alzira, 1996. [Valencián; outra edición en Valencia, Tàndem, 1996].
- Lolo va en bicicleta [Jordi Vidal], Barcelona, La Galera, 1996. [Catalán].
- Lolo anda en bicicleta [Blanca Cassany], Barcelona, La Galera, 1998 [Catalán; outra edición en Valencia, Tándem, 1996].
- Lolo bizikletan dabil [Joxantonio Ormazabal], San Sebastián, Elkar, 1996.
5. Traduccións de Casares dende outras linguas
- Le petit prince, de A. de Saint Exupéry = O principiño, Vigo, Galaxia, 1972 [14ª ed., 2010].
- Tordyvlen flyger i skymningen, de M. Gripe = Os escarabellos voan á tardiña, Vigo, Galaxia, 1989.
- The Old Man and the Sea, de E. Hemingway = O vello e o mar, Vigo, Galaxia, 1999.
- La Bella Otero, de G. Torrente Ballester, París, Raíña Lupa / Santiago, Consorcio, 2000.
- Doménica, de Gonzalo Torrente Ballester, Madrid, Espasa Calpe / Madrid, Espasa Calpe, 1999.
6. Estudos e ensaios biográficos. Semblanzas, entrevistas
- Coas raíces na terra: 18 figuras galegas, Galaxia, Vigo, 1980.
- Curros Enríquez Vigo, Galaxia, 1980.
- Vicente Risco, Vigo, Galaxia, 1981.
- Otero Pedrayo, Vigo, Galaxia, 1981.
- Conversas con Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1981.
- Vida, obra e milagres de Xan da Cova, Vigo, Diario 16 de Galicia, 1992 [con X. Alonso Montero].
- Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia, Fundación Caixa Galicia, 1991.
- Ramón Piñeiro, Santiago, Xunta de Galicia, 1996.
- A vida de Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1996 [2ª ed., 1997]
- Un país de palabras, Vigo, Galaxia, 1998 [2ª ed., 2002]
- Hemingway en Galicia, Galaxia, Vigo, 1999.
- Biografia de D. Juan de la Coba, Vigo, Galaxia, 2000.
- A vida do Padre Sarmiento, Vigo, Galaxia, 2001 [2ª ed., 2002]
- Gonzalo Torrente Ballester. O escritor, o amigo, Santigo, Xunta de Galicia, 2002.
7. Edicións académicas no Día das letras galegas
- Francisca Herrera Garrido, A Coruña, Real Academia Galega, 1987.
- Ramón Otero Pedrayo. Vida e obra, A Coruña, Real Academia Galega, 1988.
- Fermín Bouza Brey, A Coruña, Real Academia Galega, 1992.
- Ánxel Fole. Escolma de textos, A Coruña, Real Academia Galega, 1997.
8. Edicións e crítica literaria
- Aires da miña terra, M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1975.
- Obras completas, M. Curros Enríquez, Madrid, Aguilar, 1979.
- A literatura galega moderna, Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- “Ramon del Valle-Inclan: Zwischen Dekadenzdichtung und moralischer Satire”, en Michi Strausfeld (ed.), Spanische Literatur, Frankfurtam Main, Suhrkamp, 1991.
- Antoloxía da novela curta, Vigo, Galaxia, 1991.
- Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia, Fundación Caixa Galicia, 1991.
- Poesía galega completa, de M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1992.
- Da miña acordanza, de R. Piñeiro, Vigo, Galaxia, 2002.
9. Guías e itinerarios
- Santiago de Compostela, Madrid, Novatex, 1988.
- Ourense de auga e pedra. Vigo, Ir Indo, 1990.
- Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura, gastronomía, Vigo, CaixaVigo, 1995.
- Portos de Galicia: desde A Guarda a Montelouro, Santiago, Xunta de Galicia, 1998.
- Olores e sabores do saber, Vigo, Universidade de Vigo, 2001.
- Galicia. Nai e señora, Vigo, Nigratea, 2002.
Para saber máis:
Biografía (Fundación Carlos Casares)