off
Economía, Estado, Europa, Portugal — 15 Maio, 2017 at 10:49

España é o segundo estado da UE co gas máis caro para o fogar

por Redacción

Mentres a electricidade ocupa o 7º lugar, segundo informa esta segunda-feira o Eurostat. Nos dous casos, os prezos españois das enerxías  superan a media da UE segundo datos referidos ao segundo trimestre do ano 2016


Desde 2008, ambos os prezos da electricidade e do gas na UE aumentaron en perto dun cuarto (+ 23% e + 26%, respectivamente). Entre a segunda metade de 2015, e a segunda metade de 2016, as maiores reducións nos prezos de electricidade doméstica, en prezos estatais, foron observadas en Holanda (-13,8%) e Chipre (-11,8%), seguido por Lituania (-5,8% ), Romenia (-5,6%) e Irlanda (-4,7%). En contraste, o aumento máis notabel foi rexistrado en Bélxica (+ 16,7%), ben por diante de Suecia (+ 7,7%) e Portugal (+ 3,5%).

O aumento do prezo do gas no estado español en 2016 é claro xa que na segunda metade doa no era o segundo estado co prezo máis alto entanto no primeiro semestre ocupaba a 8ª praza con 6,77 euros os 100kWh.

Só  Suecia, con 11,42 euros os 100kWh superaba o prezo de España o segundo trimestre do ano pasado. Expresados en termos de   poder adquisitivo estándar(PPS), pódese observar que, en relación ao custo de outros bens e servizos, os prezos máis baixos de enerxía eléctrica residencial atopáronse en Finlandia (12,8 PPS por 100 kWh), Luxemburgo (14,4) e Holanda (14,7), e o máis alto de Portugal (30,2), Alemaña (28,7), Bélxica (25,7), España (25,6) e en Romenia (25,4).

Expresado en euros, os prezos medios de gas doméstico, na segunda metade de 2016 foron os máis baixos en Bulgaria (€ 3,1 por 100 kWh), Romanía (€ 3,2), Estonia (€ 3,3), Hungría (€ 3,6) e Croacia (€ 3,7) e máis elevada en Suecia (€ 11,4), seguida por España (€ 8,6), Italia (€ 8,4), Portugal (€ 8,3) e Holanda (€ 8,1).


Fitando o poder adquisitivo, pode ser visto que, en relación ao custo de outros bens e servizos, os prezos máis baixos do gas domésticos rexistráronse en Luxemburgo (3,5 PPS por 100 kWh), seguido pola Estonia (4,6), o Reino Unido (4,7 ) e Bélxica (5,0). En contraste, os prezos máis elevados rexistráronse en Portugal (10,6), España (9,6), Suecia (9,2), República Checa (8,8) e Italia (8,6).

 

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: