off
Galiza — 11 Maio, 2017 at 07:51

Elba, “a que vén dos montes”

por Redacción

Trátase da primeira muller do Mesolítico estudada xenéticamente na península Ibérica. O Instituto Parga Pondal reconstrúe o  aspecto e  vida desta muller que morreu cando viaxaba co seu rabaño de uros


Reconstrución do aspecto da pastora de hai 9.300 anos. via GCiencia. O portal da ciencia galega

 Un día de hai 9.300 anos camiñaba por un carreiro de montaña que ainda hoxe existe perto de Pedrafita do Cebreiro. E escorreu accidentalmente nunha sima canda cos tres exemplares de uro -un xigante vacún xa extinto- do seu rabaño. As probas realizadas con radiocarbono confirma unha mesma idade para todos o que suxire que viaxaban xuntos. Hogano,  após 93 séculos, esta pastora ten nome: Elba, unha homenaxe á palabra nunha lingua celta que significa ‘a que vén dos montes’. E os que a batizaran son científicos do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, que veñen de documentar o estudo xenético, isotópico e forénsico dos seus restos.

Os restos de Elba foron atopados na chamada Cova do Uro, que fai parte dun conxunto de covas moito máis antigas ca os restos fósiles achados nela. O primeiro o cránio en 1996 e logo os outros restos. Agora, a revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico da Laxe, do Instituto Parga Pondal, publica unha exaustiva pesquisa, que oferece todos os datos sobre esta muller do Mesolítico.

Sábese que Elba morreu entre os 20 e os 40 anos, tiña cabelo e ollos escuros.Medía un metro e medio. Era intolerante á lactosa. Tiña unha cicatriz na cabeza, padecía artrose e sufría dor de moas. Tamén, nun informe antropolóxico forense, os investigadores puideron reconstruir o aspecto que podía ter esta pastora. E non só fixeran un esbozo aproximado, senón tamén unha proxección en tres dimensións, como a que vemos na imaxe.

Através da pesquisa do Instituto Parga Pondal, Elba tórnase a primeira muller do Mesolítico estudada xenéticamente na península Ibérica. E grazas a esta revolucionaria investigación podemos coñecer a súa vida de hai nove milenios.

 

Licencia de Creative Commons Publicado en GCiencia a través dunha licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0.

Para saber máis

Capa do Nº 39 de Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Retrato de Elba realizado por M. Sanín Matías (2016)

Capa:retrato de Elba realizado por M. Sanín Matías (2016)

Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe Nº 39

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: