off
Economía, Estado, Galiza — 10 Maio, 2017 at 11:45

Galiza perde o 2,8% na capacidade de compra do salario medio

por Redacción

Un relatório de Adecco afirma que os galegos perderan o  2,8% en capacidade de compra os  últimos cinco anos. Porén, en  Madrid, o poder adquisitivo creceu no mesmo período.


O poder de compra devalou en todas as autonomías agás Madrid e Cantabria, onde aumentou.   Cataluña e Extremadura lideren a perda de poder adquistivo en España dende 2011. Para Galiza trátase dun descenso na capacidade de compra do salario medio do -2,8%  (por riba da media do conxunto de España que é -2,4%).  Acontece que Galiza ten o terceiro salario medio máis pequeno (1.447 euros/mes sobre unha media española de 1.636 euros/mes) e a segunda xornada laboral máis elevada do Estado en canto a horas efectivas e a terceira en horas pactadas.

Os salarios medios do País Basco e  a Comunidade de Madrid superan en 5.500 euros anuais ou máis a remuneración media de outras seis comunidades autónomas, alén de Extremadura: Castela-A Mancha, Andalucía (1.475 euros/mes en ambos casos), a Rexión de Murcia (1.469 euros/mes), Castela e León (1.467 euros/mes), Galiza (1.447 euros/mes) e Canarias (1.402 euros/mes).

Tags

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: