off
Editorial, Política, Politica espanhola — 10 Maio, 2017 at 9:01 a.m.

Franco resiste a democracia

by

Franco seguirá nese monumento á infamia que é  o Valle de los Caídos. Nen co PP en minoría no Congreso. O rexime da Transición non é quen de defrontar con dignidade, afouteza e  coherencia a longa noite de pedra do franquismo. A sombra alargada desa noite, máis de corenta anos despois da morte do ditador, debería  provocarlle rubor e vergoña á democracia española. O sanguinario militar africanista continua a xerar debates intrépidos no Congreso, con virtuosos da vasoiriña e da brocha branqueadora e atestados de pedigree antifranquista. O caso é que mais unha vez a democracia española non é quen de escribir unha memoria colectiva, un relato memorialístico que faga xustiza ás vítimas. Eís o legado desta España que teima en agochar as infamias do seu pasado, raiceira da súa incapacidade para tecer un proxecto integrador. Talvez por iso moitos queiran liscar.

One Comment

  1. O relato escribeuno Cercas, Santos Juliá e outros moitos no xornal ElPaís… en novelas como Soldados de Salmina onde os dous bandos póñense ó mesmo nivel e non hai vencedores nin vencidos. Reconciliación é unha plaquiña minúscula como moito en recordo de todas as víctimas sen nomes concretos… e sen molestar ó partido conservador fundado por un ministro de Franco.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off