off
Cedeira, Galiza, Língua, Literatura — 10 Maio, 2017 at 07:14

As laranxas máis laranxas, un obradoiro para celebrar o Día das Letras

por Redacción

O Concello de Cedeira e a escola Nicolás del Rio organizan o obradoiro 2As laranxas, máis laranxas e outros mundos” para celebrar o Dia das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor, editor e xornalista Carlos Casares


As laranxas, máis laranxas e outros mundos

O Concello e a a ANPA Picapeixe do  Nicolás del Río  organizan en parcería o obradoiro “As laranxas, máis laranxas e outros mundos”, inspirándose en “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas“, a popular obra de Casares  que gañou en 1973 o Concurso de Textos Teatrais O Facho e editada con ilustracións orixinais de Luís Seoane. O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas que estoupan cando se lles toca reúne un fato de veciños estranos dándo pé a unha enfiada de situacións absurdas e hilarantes. Debedora do surrealismo e mesmo do cinema humorístico dos primeiros tempos, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas é unha pequena peza dramática desbordante de alegría, que Carlos Casares escribiu a principios dos setenta e se converteu pronto nun clásico do teatro infantil. Polo escenario de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas pasan personaxes ben particulares: unha muller que todo o sabe, un gordo obsesionado coa tortilla, un home con escopeta, un ovo xigante que fala…provocando todo tipo de equívocos e de situación imposibles.

 


Na laranxeira do Concello

A iniciativa cedeirense arrincou con forza hai uns días coa realización de limóns en papel couché por parte de nenos e nenas de  diferentes idades. A seguinte cita, que será o próximo xoves día 11, dará lugar á colocación desas pequenas obras de arte, feitas con globos, na vella laranxeira do Concello.

Enrique Vázquez é o responsabel do proxecto do que os alumnos do colexio Nicolás del Río foron os protagonistas.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: