off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 9 Maio, 2017 at 6:31 a.m.

O Concello de Cedeira procura a colaboración da hostalaria para incrementar a reciclaxe dos envases leves

by

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira está a poñer en funcionamento unha nova campaña entre os establecementos de hostalaría e restauración do municipio para incrementar a reciclaxe de envases leves e participar así activamente na conservación do medio ambiente. A administración local conta coa colaboración de Ecoembes -empresa encargada de xestionar a recollida selectiva dos envases leves de papel/cartón- para levar a cabo unha iniciativa que consiste na prestación dun servizo de asesoramento para avaliar, xunto a cada local, os recursos necesarios que facilitarían a participación na reciclaxe destes envases.

Os negocios que se sumen á campaña disporán ademais dos medios materiais para depositar eses resíduos nos contentores de cor amarela. Todas estas cuestións están recollidas nunha carta que o goberno local fará chegar nos próximos días a todos os locais de hostalaría e restauración do concello. Camilo Casal, concelleiro de Medio Ambiente, calculaque serán arredor de 50 remesas. Na carta faise constar que “xuntos, e grazas ao poder de colaboración de todos os cidadáns, xa temos alcanzado unha taxa de reciclaxe global do 74,8% de envases lixeiros e papel-cartón”. Tamén se recoñece que o sector de hostalaría xoga un papel fundamental para a correcta separación de recipientes de plástico, briks ou de aceiro e aluminio. Segundo o balanzo xeral recentemente publicado, no ano 2015 cada cedeirense recuperou unha media de 9,9 quilos de envases leves, unha cantidade que se axusta a media galega mas lonxe dela cando se trata dos impróprios (o que non é próprio do contentor amarelo). Así, en Cedeira representaron un 34,83%, mentres que en Galiza esta porcentaxe estivo no 28,6%. Esta diferencia supón que Ecoembes paga ao Concello 3.655,26 euros menos do que lle debería corresponder de non haber esta porcentaxe impróprios.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off