off
Cedeira, Fin de semana, Música — 5 Maio, 2017 at 10:59 a.m.

Música no Auditorio de Cedeira

by

 O auditorio municipal de Cedeira abrirá as súas portas esta fin de semana para acoller o ciclo de Cámera Aseconsal e  a IV edición do Festival Aturuxeiras


Ciclo de Cámara Aseconsal

Mañá, a partir das 17.30 horas e no marco da cuarta edición do Ciclo de Cámara Aseconsal, actuará o cuarteto Lomebim Quartet, que interpretará obras de Mozart e Shumann. O grupo constitúese no seo do Conservatorio Superior de Castela e León, onde actualmente estudan os seus catro integrantes -baixo a tutela do profesor Brenno Ambrosini- que están a completar a súa formación como agrupación de cámara con profesores como Alejandro Bustamante, Alberto Rosado, Patricio Gutiérrez Pérez, José Enrique Bouché ou Thomas Pel. Actualmente compaxinan a súa preparación musical coa súa actividade concertística como cuarteto, ofrecendo recitais en diferentes puntos da xeografía castelá e galega.

IV Festival de Asociación Cultural Aturuxeiras

O IV Festival de Asociación Cultural Aturuxeiras terá lugar ao día seguinte, o sábado. Neste caso, o programa arrincará pasadas as oito da tarde e inclúe as actuacións de “Drizas de Dornela”, que vén de Oleiros; “Ancoradoiro”, que é de Culleredo, e As Aturuxeiras, que son da vila de Cedeira e tamén as promotoras deste encontro musical. O Concello cedeirés participa como colaborador.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off