off
Economía, Política, Politica espanhola — 4 Maio, 2017 at 6:47 a.m.

PNB salva a Rajoy e a cota basca

by

O acordo do goberno español co PNB formalizouse pouco antes do comezo do debate das emendas á totalidade ao proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2017. Rajoy tira adiante os orzamentos cando está enlamado na corrupción. 


O acordo dalle ao PP os 5 deputados que lle faltan para chegar á metade da Cámara ( 175 deputats)  e pasar a primeria votación prevista para hoxe através dun empate e encarar a segunda fase, a das emendas parciais, para a que precisa coma mínimo a metade máis un dos votos. Ciudadanos láiase dos “privilexios do PNB, mas apoia os orzamentos de Rajoy.

O concerto económico basco fixa unha achega anual de Euskadi ao Estado polo gasto das competencias non transferidas que provocaba desavinzas desde 2007.O PNB  colocou como condición irrenunciabel a actualización e liquidación da denominada cota basca. O acordo acadado co Estado para que paque 1400 millóns de euros a Euskadi como compensación do sobrecosto que aturou os derradeiros dez anos por esta costa é o  cálculo é o conflito entre o País Basco e o Goberno español.

O Partido Nacionalista Basco afirma que pagou  1600 millóns de máis desde 2007. Os orzamentos do Estado prevén 1525 millóns en función da cota basca, porén o Consello Basco de Finanzas só orzamentou 850 millóns, a cantidade que considera acaída- a metade do que o goberno español afirma ter que pagar. Os orzamento deste ano prevían 1200 millóns euros de cota, 300 menos que os 1500 millóns previstos dende 2017, ainda que moito máis do que reclama a Lehendakaritza.  O Estado xa se comprometeu a pagar este ano 1.400 millóns de euros a Euskadi en compesación polo sobrecosto que aturou estes anos  alén de pór ao dia o cálculo para os vindeiros exercizos. 

Que é a cota basca?

A cota basca, o concerto económico basco e dos territorios forais con Navarra, fixa a súa capacidade de recadar todos os impostos , propios ou estatais. De todo o recadado polas deputacións, unha parte resérvase para a cota, a cantidade que a presidencia, a Lehendakaritza, transfere logo ao goberno español como achega de Euskadi polos servizos que presta o Estado. Portanto, a cota é a achega que fai Euskadi en conceito de gasto xeral e que asume polos gastos non transferidos (defensa, casa real, representación exterior, mantemento das institucións comúns como o Senado, ministerios e Congreso, infraestructuras e débeda estatal.

O seu cálculo, que é o cerne do conflito, vén de se negociar. As bases  actuais pactáranse no 1982 como acordo bilateral que non se pode mudar sen pacto. Segundo estas bases do 81, Euskadi ten de pagar en función do seu peso relativo na economía estatal, quer dicer,  un 6,24% para o País Basco e o 1,6% para Navarra.

A discrepancia entre os dous gobernos alicerza no cálculo. En principio, a base do cálculo teria que actualizarse cada cindo anos, mas a última actualización foi no 2007. Na altura, calculouse en 1.565 millóns de euros. Por falta de acordo leva dous lustros sen actualizarse. O problema deste cálculo é que se fai en función do peso relativo que tiña a economía basca en 1982. Como non se anovou,  Euskadi afirma que pagou de máis e que o Estado débelle cartos. Ese cálculo prorrogouse dende 2007 .

Rajoy paga ao PNB o que lle nega a Galiza

O goberno Rajoy vende ese acordo como exemplo do que debería facer o resto.  Nomeadamente a insistencia de Catalunya en facer un referendo.  Un discurso que elide a problema real, porque parte dunha premisa errada, porque España non podería asumir o custo dun concerto para Catalunya ainda que sí para Galiza semellante ao País Basco e Navarra sen rematar coa estabilidade económica do Estado e a actual distribución de soberania deseñada hai corenta anos na denominada Transición.  Sobretodo porque só Cataluña representa o 19% do PIB español e o 16% da poboación e  Euskadi o 6% eo  4,6% da poboación . Hogano, o estado español podería permitirse a excepción fiscal basca e  galega mas non a catalá. Galiza representa o 5,2% e o 6,2% da poboación.

O caso é que Rajoy tira adiante cuns orzamentos cando está enlamado na corrupción. O grupo parlamentar galego en Madrid, u-lo? Os 12 deputados do PPdG, de que lle sirven a Galicia?

One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off