O 40 aniversario do Museo do Pobo Galego (MPG) sírvelle a institución para ensarillar un ciclo de foros a celebrar entre maio e decembro. Sob o lema “O noso pobo: de hoxe noutros corenta anos” xunguirá en 9 e citas periódicas a destacados autores e persoeiros para reflexionar, en actos abertos á participación do público, sobre unha variedade de temas que afectan á vida e ao futuro como país e sociedade. Co ciclo preténdense que a reflexión sirva para a “reactivacion da galeguidade”.
A partires desta primeira cita o MPG acollerá estes foros mensualmente, parando no mes de agosto, até o 14 de decembro no que se pechará o ciclo co debate Identidade contra 2057, no que tomarán parte Jorge Algora, presidente do Cluster do Audiovisual; Manuel Bragado Rodríguez, director de Edicións Xerais de Galicia; Henrique Monteagudo Romero, sociolingüista e membro da RAG; Xosé Manuel Gonzâlez Reboredo, etnógrafo e presidente da Xunta Reitora do MPG e con María Xosé Fernandez Cervino, do Padroado do MPG, como moderadora.
Entre medias pasarán polas mesas do foro persoeiros como o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño; Virxinia Rodriguez Alvarez, presidenta da Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galicia; Angel Carracedo Alvarez, Catedrático de Medicina Legal (USC); Carme Pampin Casal, presidenta de BIOGA, Cluster das Ciencias da Vida ou Miguel Angel Santalices Vieira, médico e presidente do Parlamento de Galicia, entre outros moitos ata os case corenta intervintes que contemplan estes foros.