O escritor galego vén de publicar ‘La lliçó catalana'(Ed.Gregal), unha escolma dos seus artigos sobre o Procés que vive a sociedade catalá publicados no ARA e Eldiario.es
Nunha entrevista realizada por David Miró, subdirector do xornal ARA, Suso de Toro pronostica que “pouco antes do referendo da UE e os mesmos poderes do goberno forzarán a Mariano Rajoy para sair. Porque a mensaxe da sua última visita a Cataluá é nídia: eu non vou dar nada. Enton eu acho que haberá unhas eleicións nas que xurdirá a reforma constitucional”,…”será obrigada a facer unha contraproposta”.
“Ben, na verdade España non existe. Hai Madrid. E Madrid non vai mudar porque a sua natureza é viver do resto”, acrescenta.
É coñecido que Suso de Toro ten exprimido que o model da España actual non ten posibilidade de reforma. A súa ollada vén fitando a realidade catalá sen tañeiras logo de “ter abandonado a profesión de escritor porque era inviabel” desde que sofrera o “baleiro nos medios” por mor de ter reflexionado críticamente (nomeadamente desde a publicación de Españoles todos) sobre a concepción centralista do estado, de corte e de vasalaxe, e pór en causa que ese marco excluinte e autoritario nunca foi un proxecto partillado malia o relato oficial do autodenominado progresismo de esquerdas español espallado desde a maioría do medios. O escritor galego lembra que cando se fala de España do que se fala é de Madrid e provincias, o elemento que sempre fica elidido e invisibel, mas determinante da continuidade do “proxecto nacional castellano-andaluz” que non foi resolto no s.XIX e que agora ten seguimento no proxecto de reforma española denominado Podemos.