off
Entrevistas, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 3 Maio, 2017 at 8:40 a.m.

Suso de Toro: “España non ten solución, mas os catalás a teñen colocada nunha situación  onde non terá a escolla de non negociar”

by

O escritor galego vén de publicar  ‘La lliçó catalana'(Ed.Gregal), unha escolma dos seus artigos sobre o Procés que vive a sociedade catalá publicados no ARA e Eldiario.es


Nunha entrevista realizada por David Miró, subdirector do xornal ARA, Suso de Toro pronostica que  “pouco antes do referendo da UE e os mesmos poderes do goberno forzarán a Mariano Rajoy para sair. Porque a mensaxe da sua última visita a Cataluá é nídia: eu non vou dar nada. Enton eu acho que haberá unhas eleicións nas que xurdirá a reforma constitucional”,…”será obrigada a facer unha contraproposta”.

“Ben, na verdade España non existe. Hai Madrid. E Madrid non vai mudar porque a sua natureza é viver do resto”, acrescenta.

É coñecido que Suso de Toro  ten exprimido que o model da España actual non ten posibilidade de reforma. A súa ollada vén fitando a realidade catalá sen tañeiras logo de “ter abandonado a profesión de escritor porque era inviabel” desde que sofrera o “baleiro nos medios” por mor de ter reflexionado críticamente (nomeadamente desde a publicación de Españoles todos) sobre a concepción centralista do estado, de corte e  de vasalaxe, e pór en causa que ese marco excluinte e autoritario nunca foi un proxecto partillado malia o relato oficial do autodenominado progresismo de esquerdas español espallado desde a maioría do medios. O escritor galego lembra que cando se fala de España do que se fala é de Madrid e provincias, o elemento que sempre fica elidido e invisibel, mas determinante da continuidade do “proxecto nacional castellano-andaluz” que non foi resolto no s.XIX e que agora ten seguimento no proxecto de reforma española denominado Podemos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off