off
Cedeira, Festas, Música — 3 Maio, 2017 at 11:28 a.m.

Maios Cedeira 2017

by
Reportaxe fotográfica de Berta M. S.
Maio de feitura cónica realizado no obradoiro da Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira

Os maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo, para conmemorar a chegada da primavera e o remate do duro inverno, e propiciar deste xeito as boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos. Hoxendia, esta festa é das últimas manifestacións que festexan en Galicia o final do inverno. Adoita haber diversas tipoloxías constructivas de “Maios”, mas as máis coñecidas son as que teñen feitura cónica e lembran a forma das árbores máis ou menos estilizadas, e os creativos,  cando adoptan calquera figura, desde o vizoso ramo de loureiro até a casiña ou pazo, un apeiro, un cruceiro, unha igrexa, etc.  De vello o  maio era cantado, predominando como no antroido a cantiga satírica coas institucións públicas, partidos políticos, persoeiros da vila…Que reverdeza !

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off