off
Europa, Movementos sociais, Politica internacional — 2 Maio, 2017 at 10:28

‘Libération’, desmantelando Marine Le Pen e a Frente Nacional

por

O xornal francés de esquerdas fundado no 1973 por Jean-Paul Sartre, publica un relatorio intitulado “Porque sempre é Non!” no que desconstrue a Fronte Nacional de Marie Le Pen


 

Nun chamado a votar contra a ultradereita, o número especial de 15 pàxinas adicado á Fronte Nacional (FN),  desmonta as súas ideas e o seu modus operandi. Alén diso, tamén describe o xeito de funcionar da súa lideresa e equipo, analisa  o programa económico e as súas ideas sobre a emigración e insire unha reportaxe coa voz dos seus simpatizantes. Entre os textos hai un no que se acusa á FN de son saber de que fala cando se refire á inimigración:   “O programa do partido (FN) nesta cuestión responde a falsas interpretacións e definicións aproximadas”. “Entre a ignorancia real, má-fé e a xenofobia”, precisa.

O xornal, que nacera de brazo dado de Sarte e Serge July como contraponto aos xornais tradicionais, foi balanzando  a comezos dos oitenta, desde o maoismo orixinario cara a socialdemocracia.

Na edición dixital de Libération-  un dos referentes da esquerda anticolonialista francesa- exprímese a derradeira polémica de Le Pen, un relato ideolóxico que poderia ter escrito François Fillon (membro do partido Unión polo Movimento Popular e Primeiro Ministro durante o goberno de Nicolas Sarkozy (2007-2012), candidato do seu partido nas eleccións presidenciais de 2017.

.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: