Na gala de premios, que terminou esta mañá, o filme “Sicixia”, interpretado por Monti Castiñeiras, Tamara Canosa e Marta Lado e producido pola galega Via Láctea Filmes recebeu un premio Remis de mellor filme estranxeiro.
“Sicixa” conta a história de amor de un enxeñeiro de son que pecorre os locais mais remotos de Galiza na procura de seus sons naturais, nunha das viaxes encontra alguén que vai despertar a súa paixón para a Costa da Morte.
O WorldFest Houston foi fundado en 1961 como unha Sociedade Internacional de Cinema. WorldFest tornouse o terceiro festival de cinema internacional na América do Norte, seguindo os de San Francisco e Nova York. WorldFest é o mais antigo Festival Independent Film & Video no Mundo. Evoluiu para un Festival Internacional de Cinema en abril de 1968 e foi fundado pelo premiado produtor e diretor Hunter Todd como festival de cinema de cualidade para os cineastas independentes. Unha mostra do seu prestixio é que o WorldFest foi conquistado nas diferentes modalidades por os irmáns Coen ( Blood Simple, 19849, Akira Kurosawa (Ran,1985), David Lynch, Steven Spielberg, Robert Wise, Ridley Scott e Robert Rodriguez, entre outros.
O diretor deste festival selecionou “Sicixia” durante a última celebración do Gijón International Film Festival, onde Haney estaba no xúri.