off
Cedeira, Festas, Música — 28 Abril, 2017 at 7:26 a.m.

2ª edición da Festa dos Maios de Cedeira, sab. 29

by

Este sábado 29 de abril a Asociación Discalz@s convida a participar na 2a edición da Festa dos Maios de Cedeira que se celebra na Praza da Reitoral da  Vila, fronte a Biblioteca López-Cortón. A festa comezará as 16 horas  con obradoiros para nenos (con merenda de balde), nos que cada pícaro adornará un ramo de loureiro. No acto participarán ao vivo  dous artesáns do vimbio que axudaran os nenos a facer un axóuxere con este material. Os nenos e nenas adornaranse con grilandas e coroas de flores e farase un pasa-rúas acompañados do grupo de baile e canto tradicional galego “Buxainas”. Xa cara a tardiña comezará a festa por toda a parte vella, comezando con un pasa-rúas gaiteiro e para rematar con concertos acústicos por parte de 6 grupos nos bares da vila que participan no evento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off