off
Cedeira, Historia — 27 Abril, 2017 at 6:27 a.m.

Primeira homenaxe aos veciños e veciñas de Cedeira que sofriran a represión franquista

by

O domingo 30 de abril colocarase outra placa no  memorial aos presos que estiveron confinados no Campo de Presentados e Prisioneiros de Cedeira (na vella fábrica de salgaduras dos marouzós, hoxe Praza da Revolta) que recoñece explicitamente os republicanos locais represalidados polo franquismo


[Pingota Comunicación] Un ano máis Cedeira honrará aos veciños e, por extensión, a todas persoas represaliadas pola ditadura franquista cun acto que terá lugar o próximo domingo 30 de abril na praza da Revolta. A cita será ás 12.30 horas e desde a organización, do acto a cargo da Asociación Memoria Histórica Democrática e do Concello de Cedeira, convídase aos veciños e veciñas e a cidadanía  da comarca en xeral a participar nun acto de homenaxe e lembranza ás persoas que foron punidas, represaliadas e asasinadas pola ditadura. Nesta xeira, tamén está prevista a colocación dunha segunda placa no monolito na memoria aos presos do campo de concentración que houbo na fábrica de salgaduras durante a Guerra Civil. Tratarase así de lembrar de maneira especial aos veciños de Cedeira que sufriron en primeira persoa a represión franquista. Neste sentido, trátase da primeira homenaxe digna direccionada a recoñecer públicamente os republicanos locais represaliados polo franquismo.

O  deseño da placa é do debuxante Siro López, mentres que a realización é obra do escultor Manuel Ferreiro, da Coruña. O acto dará comezo precisamente co descubrimento desta nova laminiña feita en bronce. A continuación terán lugar as intervencións e a interpretación da alborada local, que leva por título Abrente en Cordobelas, a cargo dun gaiteiro. Tanto o equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) como a formación política Cedeira pola Esquerda apoian a celebración do acto.


Para saber máis

 O goberno de Cedeira rende a primeira homenaxe aos represaliados polo franquismo

Comezan en Cedeira os actos de homenaxe e lembranza aos represaliados

Rajoy e a memoria histórica

Non lavarse as maos

Nomes e voces teñen as vítimas da represión franquista en Cedeira

Memorial Democrático de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off