off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 26 Abril, 2017 at 7:05 a.m.

Cedeira abre un servizo de atención á cidadanía sobre consumo eléctrico e aproveitamento enerxético

by

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira pon en marcha un novo servizo de asesoramento a particulares sobre todos aqueles asuntos que teñan a ver co consumo eléctrico e a eficiencia enerxética. As persoas interesadas en facer uso do mesmo teñen que poñerse en contacto co concelleiro Camilo Casal, a través do teléfono 698 160 330.

Trátase dun servizo presencial, que terá como referencia as dependencias municipais e que estará operativo de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas (agás os festivos). Queixas, dúbidas ou suxestións que o aproveitamento enerxético ocasiona na veciñanza e moi especialmente o mellor ou o máis rendibel uso da enerxía eléctrica son só algúns dos asuntos que poderán ter resposta inmedianta coa posta en funcionamiento desta nova iniciativa do goberno tripartito de Cedeira.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off