off

Macron e Le Pen pasan á segunda volta con unha diferenza mínima

por

Ainda que previsíbel, houbo unha grande mudanza na política francesa. A dereita extrema de Le Pen é perigosa polo seu discurso mais sobretodo porque vén de gañar bastante malia o trunfo de Emmanuel Macron, quen soubo apañar desde a nada (un candidato sen partido apresentado como opción antiestablishment malia ter o apoio de todo o establishment),  un proxecto político  sen estructurar entre as dúas augas dos  partidos sistémicos. Un devalo socialista descoñecido dende Mitterrand.

Porén, ambos e dous gañadores representan dous proxectos alicerzados no modelo presidencialista more gaulista. Alén diso, o candidato da esquerda radical tivo praticamente os mesmos votos que Fillon, o gaulista ( perdeu 2,5 milóns de votos respeito a Sarkozy de hai cinco anos).

A mudanza principal non é  apenas visibilizarse en termos eleitorais a desfeita  dos grandes partidos do centro-dereita e do centro-esquerda mas o ascenso de forzas populistas e radicais de dereita, xenófobas e racistas

Na mensaxe da mesma noite eleitoral, Macron deu sinais de non querer ser o candidato de rexeitamento da Fronte Nacional, a quen non citou en ningún momento, talvez nun intento de non deixar que a direita extrema dirixa a campaña, diferenciando entre “patriotas” e “nacionalistas”, para “sair do medo”. As lexislativas de xuño decidirán se é quen de construir unha maioría de goberno de renovación ou se terá que soerguer nos que hoxe perderon. Fillon, Hamon, Juppé e Cazeneuve xa apelaran ao voto no candidato centrista na segunda volta, nunha frente unida contra Le Pen.  Emmanuel Macron non conta cun  eleitorado de seu fronte  a fidelidade pola base eleitoral da FP e terá que confiar  nos chamados do resto de partidos para isolar á dereita extrema.

Enxergando os cambios nun escenario inédito

Nunca houbo na Franza unha segunda volta presidencial sen ningún candidato dos grandes pertidos que dominaran a  política francesa das últimas décadas. As esquerda perderon 6 millóns de votantes respeito a 2012. A maioría en proveito de  Macron, que apañou moitos votos socialistas.Hai cinco anos 2/3 dos votantes de esquerdas votaran François Hollande. Porén, nesta primeira volta de 2017, o candidato de esquerda foi  Mélenchon.

Acontece que os resultados electorais da Franza semellan pór en causa as categorias tradicionais de análise. Con certeza, os resultados semellan unha continuación dunha resposta xeralizada. A da vitoria de Trump e a do Brexit, a de Grillo na Italia e a de Wilders  na Holanda, a do FPO na Austria e permanencia do PP en España malia a corrupción. O roteiro semella o mesmo: un corpo eleitorial que abandona os partidos de goberno optando por outras de nova factura ou por aquelas  que nunca gobernaran. Dos outsiders.  Após a crise financieira global produciuse un deslocamento de votos que reflicte a aparente desavinza entre os representantes do establishment e os seus adversarios. Callou a idea de que os partidos dominantes non queren respostar á situación crise.  Saturación que desabou en forma de voto anti-establishment nun eleitorado sen fidelidades e sen vivencia do pouso intelectual do 68.  Un eleitor que perdeu as expectativas  de ser un ávido consumidor e “empresario de si mesmo” .   Talvez o mesmo alicerce que soergue a Trump, o Brexit….e Podemos (hai quen vé en todo isto unha resposta antisistema). Unha parte do eleitorado procura respostas ao status quo…. nas marxes dentro sistema. Porque  é o sistema neoliberal,  que elimina estructuras estábeis no tempo, quen permanece entanto xera productividade vinculante e inseguridade.

Portanto, cómpre cuestionarmos se abonda debullar o gaño da extrema dereita de Marie Le Pen. Podemos continuar  a cualificar os votantes en función dos partidos que votaron ou se temos que cualificar os partidos en función dos perfís dos seus votantes?. Cando un partido de extrema de dereita apaña votos de mozos, mulleres e obreiros podemos continuar afirmando que estes tamén son da dereita extrema? E non será o eleitorado quen está a enxegar o que realmente son os partidos a quen votataran?

A xeral sospeita como estado de ánimo fundamentado na acción ilícita e corrupta dunha parte significativa da elite política ten levado a desafección e a depresión colectiva, a dubidar de todo . Inseguridade das camadas populares, unida á desesperación e a un futuro sen perspectiva, apenas sófrego en autoexplotación e optimización de si mesmo, que axen movidas polo medo ao futuro(tornado en xenofobia), deixando captarse doadamente polas forzas arrogantes que prometen un futuro que só a elas beneficia. O relato das elites tornouse inconmprensibel acobillado no non recoñecemento do devalo das institucións tradicionais de socialización política ( sindicatos, escola, universidade,etc) . E unha intelectualidade que caiu presa nas diversas armadillas do pensamento neoliberal e o “violento poder do global” (Byung-Chul Han), presa dun cosmopolitismo tan arrogante como insensibel perante unha Unión Europea que só procura o gaño propio como zona contractual  dos gobernos  cos seus respeitivos intereses estatais, espírito comercial e poder do diñeiro.

 

 

1 Comentario

  • Macron foi o ministro de economía francés.” Apañar dende a nada” non. Macron é un neoliberal. É o Albert Rivera francés. Ten un programa perfectamente estructurado e para nada está “entre dúas augas”. Neoliberalismo puro e duro. “Goberno de renovación” se se considera renovación seguir as políticas de Hollande entón é renovación. O problema que ten Le Pen é que é filofascista. Co cal ten un problema grave. Macron sería a opción menos mala. Pero estalle soprando detrás da orella unha dereita distinta que llo vai poñer difícil.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: