off
Cedeira, Meio ambiente — 21 Abril, 2017 at 8:03 a.m.

Costas enviou a Madrid os pregos do estudo ambiental e do proxecto construtivo para a rexeneración ambiental da Madalena

by

O encontro tamén serviu para  informar á Demarcación de Costas dos efectos producidos polo  recheo en 2008 na zona central da praia da Madalena,  con material procedente de residuos de obras, refugallos, entullo e lixo, e do que o responsabel de Costas afirmou non saber nada


[Pingota Comunicación] A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira mantivo esta semana unha nova reunión de traballo co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, co fin de avanzar na recuperación da praia da Madalena e na rexeneraciónción integral da ría. O alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis o concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, foron os interlocutores e, como resultado do encontro, cabe destacar que Costas xa fixo os deberes con respecto á elaboración dos pregos do estudo de impacto ambiental e máis do proxecto construtivo para a rexeneración ambiental do areal. Eimil confirmou que ambos os dous traballos xa foron enviados ao Ministerio de Medio Ambiente e que a día de hoxe só están pendentes da aprobación dos orzamentos xerais do Estado para súa execución. E como dato relevante, o xefe da Demarcación de Costas apuntou que as actuacións previstas para Cedeira acadarían os 133.000 euros. Alén diso, cunha problemática e complexidade diferente á da praia da Madalena, os traballos realizados para mitigar os problemas da ría do Burgo da Coruña só acadarían os 80.000 euros, que veu como os orzamentos xerais do Estado rebaixaban a partida prevista para este ano, atrasando as actuacións para a rexeneración integral, segundo denunciou o pasado 5 de abril a CIG. 

Desde os departamento que dirixe Rafael Eimil tamén se fita con bos ollos a participación da Plataforma tanto no proxecto construtivo como no estudo de impacto ambiental. Tamén albíscase a posibilidade de que o alcalde de Cedeira viaxe a Madrid, as veces que sexan necesarias, para explicar a problemática da praia “en primeira voz”.Moreda viaxaría na compaña de Rafael Eimil.

Os representantes municipais agradecen a Costas o seu compromiso co colectivo “pois ambas entidades teñen o mesmo obxetivo que é conquerir unha solución para os problemas que ten o areal da Madalena”. Unha problemática que pasa, segundo a plataforma, pola redacción dun proxecto construtivo que ten que contemplar a restauración da praia e traspraia, dende a beira definida polo nivel inferior da preamar en mareas mortas (LHWN) ata o paseo marítimo, e o cribado do material que se usou en pasados recheos para recuperar a súa calidade orixinal. Esta plataforma considera tamén esencial evitar a manipulación da duna actual para evitar a perda da fracción boa da area orixinal que aínda queda na praia, alomenos mentres non se dispoña do proxecto construtivo conforme ao estudo de impacto ambiental preceptivo. Os contidos desta diagnose están recollidos no documento elaborado pola Plataforma e entregado esta mesma semana a Rafael Eimil durante a reunión celebrada o 18 de abril na Coruña.

Refugallo e entullo no último recheo 

O encontro tamén serviu para  informar a Eimil dos efectos producidos polo último recheo de 2008 na zona central da praia da Madalena, acometido con material procedente de residuos de obras, refugallos, entullo e lixo. Este estrato ficou  á vista logo dos temporais de principios de 2013 e foi documentado e denunciado por Somos Cedeira e publicado en Ollaparo no mes de abril dese ano. Descoñecendose ainda hoxe que administración o  autorizou. Do que se deriva que o no novo proxecto construtivo debería atinxir a peneira da dunda nas zonas afectadas por un infeliz e inxustificabel recheio, co obxectivo de proceder primeiro a sandar a area para a súa rexeneración posterior. Se a Demarcación de Costas  non sabe quen autorizou este recheo, pormenor que recollen as fotos,  seria acaido coñecermos a súa procedencia e se cadrar derivar as  preceitivas consecuencias.

Noiro
Entullo e refugallo no noiro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off