off
Cedeira, Cultura, Galiza — 18 Abril, 2017 at 6:25 a.m.

Comezan as catas arqueolóxicas no Campo de Castro

by

O goberno de Cedeira xa anunciara con motivo da aprobación dos orzamentos que unha das súas prioridades para o presente ano ía ser a ampliación da oferta turística coa recuperación dos restos máis antigos que existen no seu territorio. [Pingota Comunicación] Apartires da semana que recén comeza, xa que está previsto que mañá dea comezo a execución de catro catas no Campo de Castro. A historia sitúa nesta zona, localizada na península do Sarridal, un posible asentamento castrexo. Os traballos correrán a cargo do equipo de arqueoloxía liderado por Emilio Ramil, e prolongaranse durante sete días. Ramil, xunto a tres auxiliares de arqueoloxía e un debuxante-topógrafo, encargarase tanto da limpeza da leira como da realización dunhas catas que poderían chegar até o chan natural co obxectivo de localizar posibles restos. Tamén está prevista a utilización dun dron, case ao final da intervención, coa fin de elaborar e documentar fotograficamente unha planimetría detallada do lugar.península do Sarridal_CAMPODOCASTRO_ollaparo

A concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, confía en que a intervención dea os resultados desexados. O Concello espera localizar algún tipo de estrutura que aconselle unha futura intervención arqueolóxica en toda a zona. A idea é crear un conxunto patrimonial a carón do castelo da Concepción.

Xeorutas

A responsabel de Cultura e Turismo tamén calificou de “rotundo éxito” as dúas saídas das Xeorutas celebradas durante os días da Semana Santa. Un total de 35 persoas -as mesmas que prazas previstas- visitaron as Praias Negras e tomaron contacto por primeira vez coa ruta chamada Granate. María Xosé Rodríguez adiantou que as saídas voltarán a programación municipal a partir do próximo mes de xuño e que haberá un total de catro, xa que a Granate se incorpora de forma permanente.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: