O acto convocado por diversos colectivos para o vindeiro 22 de abril, Día da Terra, será ás 12:00 horas convocado por Cousas de Raíces (unha campaña impulsada por Adega aberta a todas as persoas, entidades e colectivos dispostos a traballar no obxectivo común de defender o bosque autóctono e contra graves ameazas que afectan xa a estes valiosos espazos-lumes, eucaliptización, biomasa, cultivos enerxéticos, talas polo pé de carballeiras e bosques de ribeira) en parcecría coa Asemblea contra a eucaliptización para animar á sociedade a participar nesta concentración “para denunciar a destrución do patrimonio natural e cultural nos nosos montes provocado polo monocultivo forestal desta especie invasora” que ameaza gravemente labradíos e bosques de ribeira.
Segundo ten denunciado Adega, o eucalipto acupa perto de 500.000 hectáreas, o que supón case o 17% do territorio galego no que só o 30% da masa forestal de Galiza é bosque autóctono