off
Cedeira, Movementos sociais, Saúde — 14 Abril, 2017 at 5:38 a.m.

4a Carreira e Andaina nocturna solidarias a beneficio da AECC Cedeira contra o cancro

by

aecc-cedeiraO 20 de maio comeza a andar a AEEC de Cedeira participando na 4a Carreira e Andaina nocturna solidarias a favor da xunta local da AECC, dentro do II Circuito Corre polo Norte no que tamén participan as agrupacións de Cariño, San Sadurniño, Moeche, Valdoviño, Cerdido, Ortigueira e Narón na procura dunha maior sensibilización da sociedade cara o dereito á saúde.

Un calendario solidario contra o cancro que nos lembra que, malia non significar en moitos casos unha sentenza de morte, continua presente na realidade cotiá de moitas persoas e familias xa que o cancro non afecta só á saúde, nomeadamente cando a  precarización laboral e os cortes orzamentarios  dos últimos anos teñen paralizado programas de detección precoce, investigación e promoción da saúde que axuden a diminuir os riscos de desenvolver a doenza.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off