off
Política, Politica espanhola — 13 Abril, 2017 at 7:25 p.m.

Defensa dá a orden de izar as bandeiras a meio mastro pola morte de Xesús

by

 A Asociación Unificada de Militares Españois (AUME) quéixase  porque esta decisión contraria un Real Decreto


“Dende as 14 horas do  Xoves Santo até as  00.01 do Domingo de Resurrección, a bandeira nacional acenará a meio mastro en todas as unidades, bases, centros e casernas”. Esta é a orde que deu o ministerio de Defensa e que provocou a polémica no seo do exército español.

Segundo un Real Decreto que aprovou a exministra de Defensa Carme Chacón, a bandeira izará a meio mastro cando se decreten dias de luto nacional ou pola morte do rei, o presidente do goberno ou militares en acto de servizo. “Desobedecen un Real Decreto”, afirmou o secretario xeral da  Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Jorge Bravo, en declaracions ao ‘eldiario.es’. Bravo alegou que a normativa deixa “moi claro” como debe axir a este respeito “e non pón a ser feita para cerimonias relixiosas.”  O representante da asociación acrescentou que a orde, os derradeiros anos,  chegou do xefe do estado maior da defensa (Jemad), que depende do ministerio de Defensa.

One Comment

  1. Iso é integrismo relixioso. Se o fan en Irán a xente fliparía.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off