off
Cinema — 11 Abril, 2017 at 12:10 p.m.

“I Am Not Your Negro” ou a teimosía civil de James Baldwin

by

 “I Am Not Your Negro” é un documentário de Raoul Peck que candidatou ao Oscar. O traballo  alicerza no activismo do escritor James Baldwin, autor de Go Tell It on the Mountain e The Fire Next Time. Mas o documentário desenvólvese arredor do  inacabado Remember This House, manuscrito no que Baldwin sen perder o distanciamento crítico sobre as súas lembranzas de Malcolm X,  Luther King Jr e Medgar Evers, desenvolve un relato ensarillado a partires das palabras e notas  orixinais do escritor, na procura das raices da cuestión racial nos Estados Unidos. O resultado é  unha nova e notabel perspectiva para anteopor ao momento actual nos Estados Unidos.

Segundo Peter Bradshaw, crítico cinematográfico de The Guardian, o poliédrico Baldwin merece ser considerado en pé de igualdade con Edward Said, Frantz Fanon o Gore Vidal.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off