off
Cedeira, Meio ambiente, Natureza, Ortegal — 11 Abril, 2017 at 9:46 a.m.

Cedeira e Moeche únense para oferecer roteiros de mar e montaña na semana santa

by

xeorutas_OLLAPARO[Pingota Comunicación] Facer da riqueza xeolóxica un recurso turístico máis uniu os intereses dos Concello de Cedeira e Moeche cara á primeira escapada vacacional do ano, Semana Santa. Os seus responsables -os alcaldes, Pablo Moreda e Beatriz Bascoy, respectivamente; a titular da concellería de Cultura e Turismo de Cedeira, María Xosé Rodríguez, máis o xeológo Francisco Canosa Martínez, apresentaron hoxe o programa de Xeorutas que se vai levar a cabo os días 14, 15 e 16 entre ambos os dous territorios.

A iniciativa fai arte do proxecto de creación do Xeoparque do Cabo Ortegal do que tanto Cedeira como Moeche participan, ademais dos Concellos Valdoviño, San Sadurniño, Ortigueira, Cariño e Cerdido. “Un obxectivo que terá máis forza canto máis de nós colaboremos”, viñan a dicir os alcaldes á hora de explicar o que os levou a por en marcha as tres saídas previstas para os próximos días. Delas destacaron a orixinalidade que representa ofertar saídas de mar e de montaña e a importancia de contar cunha persoa tan valiosa polos seus coñecementos como por ser un gran comunicador como é Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía e responsable do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, falou do importante que é “dar a coñecer para protexer”, mentres que a concelleira de Cultura e Turismo destacaba o esforzo que fan os concellos á hora de organizar e levar a cabo iniciativas como a que agora se pon en marcha coa fin de beneficiarse a medio e longo prazo dos seus resultados, un obxectivo que tamén se espera co xeoarque. As primeiras saídas terán lugar o venres e sábado da presente semana.

xeorutascedeira_moecheA ruta das Praias Negras e Granate -esta última se incorpora agora á programación- son as dúas propostas, ambas de alta dificultade e de sete horas de duración. As prazas son trinta. A participación é de balde e o horario de saída será ás 9.30 horas na oficina de turismo e ás 10.00 horas no cruceiro de Teixedelo (ruta das Praias Negras) e no aparcadoiro de San Andrés (para a ruta Granate). As inscricións tanto se poden facer no correo da oficina de turismo (mar.lopez@cedeira.es) como no teléfono 981 482 187 ou no blog rutasxeolóxicasdegalicia.blogsport.com.es.

A ruta do Toelo (Moeche) está prevista para a xornada do domingo, dará comezo ás 10.30 horas e será de tres horas de duración. As canteiras de Penasalbas, Ferrerías e A Caleira están dentro do percorrido.

Neste caso as prazas tamén son limitadas -25- ainda que haberá que pagar seis euros por persoa. A alcaldesa, Beatriz Bascoy, destacou que a participación nesta ruta permitirá aos participantes descubrir a importancia que tivo a minaría para a economía do territorio modestino e quixo agradecer expresamente á empresa Caleras de Moeche a súa colaboración para poder levar adiante esta iniciativa. O prazo de inscrición estará aberto ata o sábado e as reservas se poden facer tamén no teléfono 981 404 006 do Concello, ademais das outras vias xa citadas.

Canosa, que destacou importancia xeolóxica que existe en ámbolos dous territorios, invitou aos interesados a facer estes tres días un pequeno itinerario por Cedeira e Moeche para descubrila.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off