off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Política — 10 Abril, 2017 at 17:18

Xogo de patriotas

por Rafael Cid

chave antigaO Estado central enfróntase a un dobre e dispar reto xurdido nos seus contrafortes. Ten que lidar á vez con dous procesos políticos de signo oposto. Un en Catalunya, de separación, e outro en Euskadi, de inserción. Ambos os dous vinculados ao lexítimo dereito a decidir de ambas as comunidades. Mas a Marca España todo o pasa pola mesma rasoira: como unha ameaza ao seu statu quo. En boa medida porque o conflito se desatou nos dous territorios históricos en que o duopolio formado por PP e PSOE quedou reducido á súa mínima expresión. De aí o despregamento de consignas e propaganda simplificando ata a caricatura os termos do debate. Xibarizando mentalidades e adoutrinando conciencias, coa axuda dos medios de comunicación adscritos, que tamén perciben o desafiou en clave de agresión.
Así espera o bipartidismo poder manter o control dentro do maremágnum, situarse no ollo do furacán. E se onte utilizou con proveito o aval do patriotismo constitucional, hoxe esgrime como recambio o mantra do paternalismo patriótico. Todo iso con obxecto de presentar as sentidas aspiracións desas sociedades como *erráticas, irresponsables, sen criterio nen razón. Sería a ofensiva dunha minoría insensata que busca prexudicar o interese xeral. Para iso non só destaparon as cloacas do sistema senón tamén as esencias do imaxinario recorrente. Igual que o lameiro do 23-F tivo na novela de Javier Cercas, Anatomía dun instante, o seu momento exorcizador, agora a igualmente celebrada Patria, de Fernando Aramburu, aparece no hit parade como valedor do modelo hexemónico. Un réxime monocorde que, aplicando a lei do funil, pretende que a vontade activada de moitos independentistas cataláns e o clamor rexeneracionista da cidadanía de Euskal Herria teñan  tarifare a antollo de Madrid Vila e Corte. Ollemos a través de dous sucesos da crónica de actualidade: o adeus ás armas de ETA e o “golpe de estado” en Venezuela.
A autodisolución de ETA e a confirmación da entrega do seu depósito de armas baixo supervisión internacional foran recibidas polo goberno e a súa leal oposición cun rotundo e unísono “non, é non”. Ao parecer, non lles abonde cun parte de final de contenda, nen co recoñecemento dunha derrota que implica “o desarmamento completo, unilateral e incondicional”. Pídese alén diso un solemne acto de contrición e a flaxelación urbi et orbi. Unha rendición “sen impunidade”. Segundo o manifesto do sector das vítimas liderado por Fernando Savater, o nihilista e corrosivo autor daquel “Panfleto contra o Todo” que non deixaba monicreque con cabeza entre a xente de orde, hoxe espello desa ran españolidade.
Extrema intransixencia, en suma, que introduce elementos de sospeita sobre a probidade e coherencia das súas propostas. Agás esté escrito algures este escrito que a sociedade basca non teña o mesmo dereito á “reconciliación nacional” que postulou o bando fascista para transar da ditadura á democracia, do partido único ao pluralismo parlamentario. O esquecemento desa “deslexitimación política, social e moral” que agora se esixe para selar a normalización en Euskadi, coas consecuencias históricas xa sabidas. Sobre todo cando entre os membros do colectivo negacionista están algúns antigos membros daquela ETA Político-Militar que se incorporaron á sociedade civil acolléndose ao “indulto” promovido pola UCD. Sen trauma nen público escarmento. Vallan como exemplos os casos do falecido Mario Onaindia, fundador de Euskadiko Ezkerra (EE) e logo puntal dos socialistas Bascos, ou, noutro chanzo de implicación, do brillante intelectual Jon Juaristi, ex director xeral de Universidades e Investigación na Comunidade de Madrid, co Partido Popular, e Patxi Unzueta, agora prestixioso columnista de diario El País, buque insignia da segunda restauración borbónica.

Con ese precedente fundacional sorprende o “xogo de patriotas” utilizado para condicionar o proceso de capitulación do terrorismo de ETA. É alegado cualificar de “glorificación do terrorismo” a acollida popular de ex etarras regresados aos seus pobos cando no rueiro nacional perviven os nomes de figuróns da ditadura e do alzamento franquista? Como é posibel que o xeneral Emilio Mola, responsable do bárbaro bombardeo de Gernika, está por toda parte na toponimia do país? Pódese denunciar a existencia de presos políticos en Venezuela sen rectificar a flagrante vulneración da Lei Xeral Penal que impide aos presos bascos cumprir condena en cárceres próximos á súa contorna familiar? Con que autoridade se denúncian afrontas alleas cando en aplicación do “código penal da democracia” condénase a unha persoa por difundir en internet brincadeiras sobre Carrero Blanco, o lugartenente do Caudillo?
De parecido rango é o que afecta ao torpedeo do procés en Catalunya. Aquí, mais unha vez, o bloque imperante fixo unha exhibición de elevado cinismo manuseando o conflito aberto entre a Asemblea Nacional e o Tribunal Supremo en Venezuela. Todos a un tempo fitaron no enfrontamento un “golpe de estado” auspiciado por “a ditadura” de Nicolás Maduro (El País dixit) para cernar a democracia. Cando foi precisamente a oposición quen instou á intervención dos militares. Sen máis pormenor,  a broxadas, denunciando ver o lixo no ollo alleo e non ver a tranca no seu. Ou é que a purga decretada polo noso Tribunal Constitucional ao Estatut ratificado en referendo polos cataláns non é unha inxerencia antidemocrática? E o refugallo das competencias de representantes electos mediante actuacións punitivas dese mesmo órgano non xurisdicional por aplicar as decisións soberanas do Parlament? Até que grao os compoñentes do Constitucional español, seleccionados por cooptación ideolóxica entre os partidos maioritarios, son máis independentes que os seus abalados homólogos venezolanos?
Porén é inútil achar lóxica democrática onde só existe bulimia de poder. Hai pouco o tándem PP-PSOE vetou comparecencia dos principais integrantes da denominada “policía patriótica” nunha Comisión de Investigación do Congreso. Co que non poderemos saber os “grandes servizos” que emprestaron a todos os gobernos democráticos, segundo testemuño do ex ministro de Interior Fernández Díaz. Non vaian ser apañados e que, á parte de descubrir eses inconfesables traballos a esquerda e a dereita, saibamos tamén o que os superpolicías fixeron antes a favor da ditadura para combater aos demócratas. A metástase dunha transición orfa de “verdade, xustiza, memoria e dignidade” empedran incesantes o futuro.

Ao mellor tamén che interesa

ETA di na BBC ter entregado armas, mas adverte que o proceso “non terminou”

ETA tornará completo o seu desarmamento o 8 de abril

ETA anunciará hoxe o seu plan de desarmamento

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: