off
Agro, Cedeira, Galiza — 7 Abril, 2017 at 6:56 a.m.

Palestra informativa sobre a couza da pataca na cafetaria do Auditorio de Cedeira

by

O vindeiro luns  a cafetería do auditorio municipal de Cedeira acollerá o luns unha palestra  organizada pola Consellería de Medio Ambiente sobre a  tecia solanivora,  traza guatemalteca ou couza da pataca.

Fonte: Campo Galego
Fonte: Campo Galego

A cita, que será ás 20.30 horas do serán, vai dirixida a todos os labregos e cultivadores de pataca co fin de  informar sobre a praga e a aplicación das normas estabelecidas pola Xunta tanto para evitar a plantación como a comercialización e consumo de patacas afectadas por un insecto orixinario de Guatemala que causa a perda de peso e calidade dos tubérculos.

O territorio cedeirés, xunto aos concellos de Cariño, Cerdido, Moeche e As Somozas, está dentro da denominada zona tampón. Nesta área existe a obriga de arrincar e destruír patacas sementadas, así como tamén eliminar tanto sementes almacenadas como patacas de autoconsumo que aínda estean gardadas da colleita do ano pasado. Todas estas explicacións correrán a cargo de Antonio Rivera Martínez, xefe de sección do Servizo de Explotacións Agrarias, e Paulino Rodríguez Taracido, xefe de sección da Oficina Agraria Comarcal, con sede en Ortigueira. Dado o interese e preocupación que o asunto esperta entre a poboación local o Concello de Cedeira confía en que a cita sexa secundada pola presenza masiva de cedeireses.


Ao mellor tamén che interesa

E as patacas também som cousa de Madrid

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off