off
Galiza, Música — 7 Abril, 2017 at 7:34 a.m.

Os IV Premios Martín Códax da Música recoñecen as achegas de Dorothé Schubarth

by

O Premio Honorífico recae este ano na musicóloga e compositora suiza Dorothé Schubarth polo o seu labor de recollida do Cancioneiro Tradicional Galego


57  finalistas optarán aos IV Premios Martín Códax da Música,  Malandrómeda e as Tanxugueiras entre outros de máis coñecidos como Uxía, Xoel Lopez e Davide Salvado , segundo vén de anunciarse na Festa de Nomeados que se celebrou, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax de Cambados para  revelar os proxectos finalistas escollidos polas socias e socios da Asociación Músicos ao Vivo . 

Facer país

“Os Premios Martín Códax da Música naceron en 2013 promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, nun contexto que segue rebordando creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser dimensionado moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial para a cultura galega”

Segundo a directiva de MAV, “As novidosas achegas metodolóxicas de Dorothé Schubarth, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega, convértena na indiscutible merecedora do Premio Honorífico 2017 outorgado pola Asociación Músicos ao Vivo, que recollerá na gala de entrega dos IV Premios Martín Códax da Música, o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra”.

Cancioneiro Popular Galego

Dorothé Schubarth _cancioneiroDorothé Schubarth desenvolvía desde 1971 a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna, en Suíza. Desde este posto desenvolvera unha intensa tarefa de investigación da música popular europea, dedicándose especialmente á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así coma aos cancioneiros de Alemaña e de Francia. A partir deste material elaborou o volume “O Canto Popular en Europa”, que analisaba as formas que adoptaba a música do pobo ao longo do continente, e que foi publicado en 1978. Nese mesmo ano, chegou a Galicia e comezou a súa colleita segundo entrou no país, polo Cebreiro. Os seus coñecementos sobre a cultura musical galega e sobre a nosa lingua eran mínimos, e axiña se fixo evidente que precisaba de alguén para comprender os temas e transcribilos. Deste xeito entrou en contacto con Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Galega en Santiago de Compostela.

No seu laudatorio, a Asociación de Músicos ao Vivo considera que “Dorothé Schubarth introducíu parámetros científicos de clasificación descoñecidos en Galicia e novidosas metodoloxías de traballo e de compilación de cantos de 38 zonas xeográficas de Galicia e limítrofes, perfectamente analizados e catalogados en 7 volumes que foron publicados en 1984 pola Fundación Barrié baixo a denominación de Cancioneiro Popular Galego e que representa a biblia da lírica popular galega. Segundo a directiva de MAV, “As novidosas achegas metodolóxicas de Dorothé Schubarth, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega, convértena na indiscutible merecedora do Premio Honorífico 2017 outorgado pola Asociación Músicos ao Vivo, que recollerá na gala de entrega dos IV Premios Martín Códax da Música, o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra”

Proxectos nomeados


POP / INDIE
Os Amigos dos Músicos / Berlai / Xoel López

ROCK
Brais Morán / The Soul Jacket / Agoraphobia

JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
Iago Fernández / Alberto Vilas  ‘Ubuntu’ / Miguel Lamas Quartet

HIP HOP / MÚSICAS URBANAS
Maladrómeda / García Mc / Wöyza

CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
Alberto Vilas ‘Universo Lem’/ Roberto Oliveira / Alejo Amoedo

FOLQUE
Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero / Os d’Abaixo

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Tanxugueiras / Xosé Lois Romero e Aliboria / Davide Salvado

MÚSICAS DO MUNDO
Uxía / Tangata / Talabarte

MÚSICA INFANTIL
María Fumaça – Aire! / A Gramola Gominola / Pesdelán

MÚSICA ELECTRÓNICA
Malvares de Moscoso e J.CNNR / 2Pas0s / Pálida

METAL
Aphonnic / Tälesien / Raiba

REGGAE / SKA / MESTIZAXE
Dakidarria / O Sonoro Maxín / Bush Doctors

ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
Los Satélites / Poceiro Big Band / Áureas en Voga

BLUES / FUNK / SOUL
Carmen Rey / VooDoo / The Lakazans

CANCIÓN DE AUTOR
Sonia Lebedynski / Tatán Chapeu / Xoán Curiel – Ecuacións

COROS E GRUPOS VOCAIS
Encaixe / Sisters in the House / Ejazz

PREMIOS ORGANISTRUM

FESTIVAIS
Nigranjazz / Festival de Pardiñas / Surfing the Lérez

SALAS
A Pousada das Ánimas / Sala Mardi Gras / Garufa Club

ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
ZigZag-TVG / Gzmúsica / Onda Vital-Radio Galega

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off